Proxectos

Mulleres bravas de Honduras e Galicia. Tendendo pontes entre defensoras da vida. Fase II

A proposta ten como meta visibilizar as problemáticas globais relacionadas coa sobreexplotación de recursos naturais en todo o mundo e que afectan especialmente aos países empobrecidos (extracción de materias primas, produción de enerxía, e explotación da terra, entre outras). A través da conexión das realidades de Honduras e Galicia reflexionarase sobre os impactos ambientais e sociais do actual modelo de consumo e desenvolvemento, así como alternativas de xestión sostible dos recursos que exemplifiquen que outro modo de producir, consumir e vivir, é posible.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
ESPAÑA
HONDURAS
Zona de actuación: 
Galicia
Golfo de Fonseca
Axentes: 
AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS-GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a un modelo de desenvolvemento respectuoso ca paisaxe, o patrimonio, a biodiversidade e as persoas, que asegure os bens e servizos básicos para a vida en todo o mundo.

Específico: Visibilizar os impactos sobre as persoas e o medio ambiente dos proxectos industriais e extractivos en Honduras e Galicia, así como alternativas sustentables, con especial atención ás mulleres.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Creadas pontes entre organizacións e movementos da sociedade civil de Honduras e Galicia para a protección da vida e/ou que impulsan alternativas sustentables, con especial protagonismo das mulleres.

A.1.1.1 Encontros con plataformas e movementos de defensa do territorio así como alternativas produtivas sustentables e de economía social de Galicia e Honduras.

A.1.1.2 Programa de voluntariado internacional de coñecemento doutras realidades: Visita a Galicia de activista hondureña.

A.1.1.3 Programa de coñecemento da realidade. Visita a Honduras de activistas de Galicia.

RE 1.2 Visibilizado o enfoque de cidadanía global das resistencias ao extractivismo e das alternativas sustentables nos públicos obxetivo máis accesibles polas entidades solicitantes (alumnado universitario e colectivos cidadáns de defensa do territorio).

A.1.2.1 Campaña de comunicación para a difusión dos impactos globais do extractivismo.

A.1.2.2 Escola de sustentabilidade e cidadanía global. Formación sobre impactos e alternativas do extrativismo en Galicia e Honduras.

A.1.2.3 Investigación sobre conexións do extractivismo España-Honduras.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 46 homes 110 mulleres = 156 persoas

Indirecta: 1900 homes 2000 mulleres = 3.900 persoas

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 45.000€ (18.000€ en 2023 e 27.000€ en 2024)