Mulleres bravas de Honduras e Galicia. Tendendo pontes entre defensoras da vida. Fase III
Este proxecto pretende fortalecer os vínculos entre organizacións sociais de Galicia e Honduras na defensa da terra e a vida fronte ao extractivismo, apostando por unha cidadanía global activa, crítica e comprometida. Artéllase arredor de dous eixos principais: o intercambio directo entre activistas hondureñas e galegas, e a sensibilización transformadora da sociedade galega, especialmente no ámbito universitario e de plataformas de defensa do territorio, dende unha perspectiva de educación popular e xustiza global. Ademais consolídase a actividade innovadora da fase anterior: a estadía dunha activista hondureña durante aproximadamente un mes en Galicia, convivindo con familias do Sindicato Labrego Galego.
Xeral: Contribuír a un modelo de desenvolvemento respectuoso ca paisaxe, o patrimonio, a biodiversidade e as persoas, que asegure os bens e servizos básicos para a vida en todo o mundo
Específico: Visibilizados os impactos sobre as persoas e o medio ambiente dos proxectos industriais e extractivos en Honduras e Galicia, así como alternativas sustentables, con especial atención ás mulleres
RE 1.1 Creadas pontes entre organizacións e movementos da sociedade civil de Honduras e Galicia para a protección da vida e/ou que impulsan alternativas sustentables, con especial protagonismo das mulleres
A.1.1.1 Visita de curta duración de 2 activistas hondureñas a Galicia
A.1.1.2. Estadía de longa duración de 1 activista hondureña a Galicia
A.1.1.3. Programa de voluntariado internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR). Visita a Honduras de activistas.
RE 1.2 Visibilizado o enfoque de cidadanía global das resistencias ao extractivismo e das alternativas sustentables nos públicos meta máis accesibles polas entidades solicitantes (alumnado universitario e colectivos cidadáns de defensa do territorio)
A.1.2.1 Campaña de comunicación para a difusión dos impactos globais do extractivismo
A.1.2.2. Escola de sustentabilidade e cidadanía global. Formación sobre impactos e alternativas do extractivismo en Galicia e Honduras
A.1.2.3. Encontro en Galicia con plataformas en defensa da terra
A.1.2.3. Encontro en Galicia con plataformas en defensa da terra
Directa: 177 (126 mulleres/nenas, 51 homes/nenos)
Indirecta: 3.900 (2730 mulleres/nenas, 1170 homes/nenos)
47.000 € (18.800 € en 2025 e 28.200 € en 2026)