Proxectos

Mulleres e adolescentes empoderadas para a transformación das desigualdades de xénero nos distritos de Andahuaylillas, Huaro, Urcos e Ocongate da provincia de Quispicanchi- Cusco. Perú

O proxecto busca mellorar as capacidades dos e as titulares de dereito, responsabilidades e obrigacións para reducir os niveis de violencia familiar, social e económica cara á muller en comunidades rurais do municipio de Quispicanchi na rexión de Cusco, Perú. Concretamente nos distritos de Urcos, Huaro, Andahuaylillas e Ocongate. Preténdese mellorar a igualdade de xénero, e promover unha vida libre de violencia.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Quispicanchi (provincia)
Axentes: 
FUNDACIÓN BALMS PARA LA INFANCIA
FUNDACIÓN CUME PARA EL DESARROLLO DE CULTURAS Y PUEBLOS
Contraparte: 

Asociación WAYRA

Código CRS: 
11230 - Capacitación básica de mozos e persoas adultas
13020 - Atención saúde reprodutiva
13040 - Loita contra ETS (enfermidades de transmisión sexual), incluida SIDA
13081 - Formación de persoal para poboación e saúde reprodutiva
15170 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
16050 - Axuda multisectorial para servizos sociais básicos
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á mellora da calidade de vida das mulleres das comunidades rurais dos distritos de Huaro, Urcos, Ocongate e Andahualyllas da provincia de Quispicanchi, Cusco, favorecendo o logro do ODS5 de impulsar a igualdade de xénero e promover unha vida libre de violencia mediante a participación de titulares de dereitos, obrigacións e responsabilidades.

Específico: Melloradas as capacidades dos titulares de dereitos, responsabilidades e obrigacións para a redución dos niveis de violencia familiar, social e económica cara ás mulleres das comunidades rurais dos distritos de Urcos, Huaro, Andahuaylillas e Ocongate da provincia de Quipicanchi, Cusco, a través dunha estratexia de participación social para a igualdade de xénero.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Xerado coñecemento sobre os dereitos das mulleres mediante unha estratexia de xeración de cidadanía activa, participativa e informada para a redución da violencia de xénero e familiar.

            A.1.1.1 Campaña en redes sociais e medios sobre os dereitos das mulleres, igualdade de xénero e contra a violencia de xénero.

            A.1.1.2 Curso de formación para construír liderados xuvenís na promoción os dereitos e por unha vida libre de violencia.

            A.1.1.3 Conformación e posta en funcionamentos dos Consellos de nenos, nenas e adolescentes en cada un dos distritos.

            A.1.1.4 Deseño e implementación dunha estratexia de fortalecemento das organizacións de mulleres para a defensa dos seus dereitos na provincia de Quispicanchi.

            A.1.1.5 Fortalecemento da Oficina da Muller de Quispicanchi.

            A.1.1.6 Orientación e educación emocional na convivencia familiar saudable, desde o enfoque de igualdade de xénero dirixido a mulleres e as súas convivientes das organizacións de vaso de leite e programa xuntos.

            A.1.1.7 Programa formativo sobre novas masculinidades "Homes sen violencia".

RE 1.2. Reducidas as barreiras e dificultades de acceso das mulleres aos servizos sociais e sanitarios, especialmente as mulleres novas e adolescentes dos distritos de Huaro, Urcos, Andahuaylillas e Ocongate.

            A.1.2.1 Fortalecemento do grupo de promotoras de saúde dos distritos a través de módulos de formación e sensibilización na sociedade sobre o seu labor en saúde preventiva.

            A.1.2.2 Deseño dun programa formativo e materiais lúdicos sobre os dereitos sexuais, reprodutivos e afectivos dos e as mozas en coordinación coa área de convivencia educativa da UGEL- Quispicanchi.

            A.1.2.3 Talleres informativos sobre saúde menstrual en escolas da comunidade educativa de UGEL-Quispicanchi.

            A.1.2.4 Articulada e executada unha campaña de sensibilización sobre os dereitos sexuais e reprodutivos (ETS/ITS) para mulleres novas e adolescentes dos distritos de Huaro, Urcos, Andahuaylillas e Ocongate.

            A.1.2.5 Definición e socialización dun roteiro único para a identificación, atención e derivación de casos de violencia e abuso sexual.

            A.1.3.6 Fortalecemento do servizo psicolóxico das defensorías parroquiais para a implementación dunha estratexia con mulleres novas e vítimas de violencia e abusos sexuais.

            A.1.3.7 Mellora da atención legal a mulleres en materia de familia e dereitos a través das defensorías parroquiais e a oficina de asesoría legal.

RE 1.3. Mellorada a formación para o emprego, especialmente das mulleres en situación de vulnerabilidade a través dunha estratexia de fomento do emprendemento familiar e colectivo baseado na economía circular.

            A.1.3.1 Informe socioeconómico e o estado do emprego na provincia de Quispicanchi.

            A.1.3.2 Programa de capacitacións técnicas con especial incidencia en mulleres en situación de vulnerabilidade.

            A.1.3.3 Cursos de habilidades dixitais para o emprego e habilidades sociais para a empregabilidade.

            A.1.3.4 Desenvoltos espazos de incidencia a nivel distrital que inclúan a entidades vinculadas á promoción do emprego, institucións públicas, empresarios e OSC para a promoción do emprego e a incorporación de mulleres ao mundo laboral.

            A.1.3.5 Programa de formación sobre alternativas empresariais e de emprendemento familiar ou de grupos de mulleres enfocado nas nais adolescentes e mulleres en situación de vulnerabilidade.

            A.1.3.6 Informe de viabilidade para a creación de cooperativas de mulleres nos distritos de Huaro, Urcos, Ocongate e Andahuaylillas.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 452 persoas (337 mulleres e 115 homes), das cales 140 son nenos/as (entre os 12 e 18 anos de idade) entre escolares de 1ª, 2ª e 3ª de educación secundaria e nais adolescentes, e 312 son adultos/adultas desde pais/nais de familia dos escolares, docentes, mulleres integrantes das organizacións sociais e promotoras de saúde.

Indirecta: 640 homes, 1.030 mulleres, 40 nenos e 140 nenas que conforman un total de 1.850 persoas que vense beneficiadas de maneira indirecta na zona na que se realiza o proxecto.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 143.447,65 € (2021: 57.379,06 € ; 2022: 86.068,59 €)