Proxectos

Mulleres mozas e adultas de San Juan Sacatepéquez con capacidades fortalecidas, enfrontan as violencias machistas e acceden a oportunidades laborais dignas. Guatemala

O proxecto busca contribuír ao cumprimento do ODS 5 (Acadar a igualdade de xénero e empoderar a todas as mulleres e nenas) e de forma particular á meta 5.2 “Eliminar todas as formas de violencia contra todas as mulleres e as nenas nos ámbitos público e privado, incluídas a trata e a explotación sexual e outros tipos de explotación”. Para iso exponse como obxectivo específico “Fortalecidas as capacidades de mulleres mozas e adultas vítimas e superviventes de violencia de xénero do Municipio de San Juan  Sacatepéquez para a súa autonomía persoal e económica e o exercicio do seu dereito a unha vida libre de violencias “.  

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Axentes: 
INTERED GALICIA
Contraparte: 

Asociación de Estudios y Proyectos de Esfuerzo Popular – EPRODEP-

Código CRS: 
1516000 - Dereitos humanos
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír a unha vida libre de violencias machistas das mulleres mozas e adultas do municipio de San Juan Sacatepéquez -Ciudad Quetzal- Guatemala avanzando no exercicio pleno dos seus dereitos.

Obxectivo específico: Fortalecidas as capacidades de mulleres novas e adultas vítimas e superviventes de violencia de xénero do Municipio de San Juan Sacatepéquez para a súa autonomía persoal e económica e o exercicio do seu dereito a unha vida libre de violencias.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Mulleres vítimas e superviventes de Violencia de xénero, como titulares de dereitos, avanzan no seu proceso de reparación emocional e empoderamento persoal.

  • A1. R1. Diagnóstico psico-social de mulleres beneficiarias do programa.
  • A2. R1. Acompañamento individual a casos específicos de mulleres beneficiarias do programa.
  • A3. R1. Talleres grupais de curación (autoestima, feridas da infancia e plans de vida).
  • A4. R1. Grupos terapéuticos con superviventes de violencia sexual.
  • A5. R1. Sesións de formación e auto-coidado para o equipo do proxecto.

RE 1.2. Mulleres vítimas e superviventes de Violencia de xénero, como titulares de dereitos, melloran as súas capacidades para a empregabilidade e autonomía económica.

  • A1. R2. Capacitación técnica nas áreas de gastronomía, enfermería e esteticismo.
  • A2. R2. Actividades de reforzamento educativo para a mellora de habilidades lingüísticas e matemáticas.
  • A3. R2. Implementación de centro de coidado da infancia.
  • A4. R2. Desenvolvemento de talleres de formación sobre Emprendemento e empregabilidade.
  • A5. R2. Actividades de Práctica de Emprendemento/ Empregabilidade.
  • A6. R2. Encontro de emprendedoras do Programa (Intercambio de Experiencias).

RE 1.3. Organizacións sociais, comunitarias e institucións públicas vinculadas ás redes locais de protección de San Juan Sacatepéquez, como titulares de responsabilidades e obrigacións, melloran a súa capacidade de resposta a mulleres vítimas e superviventes de Violencia de xénero.

  • A1. R3. Vinculación inter-institucional de representantes de EPRODEP e mulleres a redes locais e organizacións comunitarias a favor dos dereitos das mulleres e a autonomía económica.
  • A2. R3. Xornadas de educación e atención en Saúde Sexual e Reprodutiva.
  • A3. R3. Mobilizacións polos dereitos humanos das mulleres.
  • A4. R3. Xornadas solidarias entre mulleres superviventes de violencia do Municipio de San Juan Sacatepéquez.
  • A5. R3. Comunicación Estratéxica con enfoque de DDHH.
Poboación beneficiaria: 

O proxecto está dirixido a 100 mulleres que están a vivir (vítimas) ou viviron (superviventes) violencia de xénero e as súas fillas/fillos menores de 6 anos. Identificarase a partir da revisión dun rexistro a situación socioeconómica das mulleres e de maneira conxunta con outras organizacións realizarase a selección das participantes.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 175.000 €  (2020: 70.000 €;  2021: 105.000 €)