Proxectos

Mulleres organizadas de pobos orixinarios de Puno fortalecidas nas súas capacidades, desde unha cidadanía intercultural crítica, inciden polos seus dereitos políticos e vida libre de violencias machistas, Perú.

O proxecto ten como obxectivo xeral contribuír ao exercicio do dereito das mulleres de pobos orixinarios de Perú á participación política e a unha vida libre de violencias machistas desde o recoñecemento e respecto da diversidade cultural no marco do ODS 5, Convenio 169 e Declaración de Pobos Indíxenas da ONU e a Política Nacional de Igualdade de Xénero. A proposta busca especificamente fortalecer as capacidades persoais, comunitarias e institucionais para un diálogo político intercultural que garanta o recoñecemento do dereito das mulleres indíxenas de Puno, San Román e Azángaro (quechuas, aymaras e uros) á participación política democrática e a unha vida libre de violencias machistas. Desde a identificación deseño e implementación da proposta, está presente e visible a autoría das mulleres indíxenas e as súas organizacións, o que se fortalecerá cos procesos de intercambio-aprendizaxe, incidencia, articulación con TTOO e mobilización en datas emblemáticas polos dereitos das mulleres.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Puno (departamento)
Axentes: 
INTERED GALICIA
Contraparte: 

Movemento Manuela Ramos (MMR)

Código CRS: 
15150 - Fortalecemento sociedade civil
15170 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
15180 Loita contra a violencia cara a mulleres e nenas
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao exercicio do dereito das mulleres de pobos orixinarios de Perú á participación política e a unha vida libre de violencias machistas desde o recoñecemento e respecto da diversidade cultural no marco do ODS 5, Convenio 169 e Declaración de Pobos Indíxenas da ONU e a Política Nacional de Igualdade de Xénero.

Específico: Fortalecidas as capacidades persoais, comunitarias e institucionais para un diálogo político intercultural que garanta o recoñecemento do dereito das mulleres indíxenas de Puno, San Román e Azángaro (quechuas, aymaras e uros) á participación política e a unha vida libre de violencias machistas.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Mujeres quechuas, aymaras e uros de Puno, San Román (Juliaca) e Azángaro, titulares de dereitos, fortalecidas para o diálogo político intercultural e para a incidencia individual e colectiva, polos seus dereitos á participación política e vida libre de violencias machistas.

            A.1.1.1 02 grupos de aprendizaxe, reflexión e intercambio con mulleres organizadas, quechuas, aymaras e uros, sobre dereitos políticos e contidos dun novo pacto social para unha cidadanía e institucionalidade intercultural crítica, baseado na recuperación de saberes previos. 5 sesións de 4 horas por cada grupo. 70 mulleres. Sistematízase, publícase e é preciso para a incidencia política.

            A.1.1.2 03 foros de diálogo político intercultural, dereitos políticos das mulleres e institucionalidade intercultural crítica, 01 en cada zona. 50 participantes en cada foro, entre mulleres organizadas, autoridades, homes de organizacións políticas e sociais, universidades, entre outros. 02 horas de duración.

            A.1.1.3 02 Encontros de mulleres organizadas (inclúe defensoras de ddhh), de convocatoria departamental, para formular e/o actualizar as axendas vixentes (Axenda Muller, Puno). 80 participantes. 4 horas de duración cada encontro.

            A.1.1.4 02 talleres rexionais en Puno con defensoras de dereitos humanos, 01 día de duración. 25 defensoras participantes.

            A.1.1.5 01 Estudo sobre a situación das mulleres defensoras indíxenas de Puno.

RE 1.2 Titulares de obrigacións e de responsabilidades valoran e desenvolven capacidades para implementar o diálogo político intercultural no marco das súas competencias, con énfases nos dereitos políticos e vida libre de violencias machistas.

A.1.2.1 02 Seminarios para TTOO e TTRR sobre cidadanía e diálogo político intercultural, democracia e dereitos das mulleres indíxenas. 25 participantes, 04 horas de duración cada seminario.

A.1.2.2 15 reunións de traballo de mulleres organizadas con autoridades e funcionarias/os rexionais e locais para presentar/sustentar as súas axendas e xerar compromisos para a súa adopción/implementación. 15 participantes en cada reunión, 02 horas de duración por reunión.

A.1.2.3 05 talleres de fortalecemento das redes de mulleres autoridades rexionais (REMARPU. 04 talleres) e nacional (RENAMA. 01 taller) para incrementar a súa capacidade de articulación e de diálogo político intercultural. 80 participantes.

A.1.2.4 Asistencia técnica a TTOO para a posta en práctica de aprendizaxes que favorecen o diálogo político intercultural con enfoque de xénero, nas áreas/programas/servizos ao seu cargo, con énfase nos dereitos políticos e vida libre de violencias das mulleres. 15 participantes.

RE 1.3 Cidadanía das zonas de intervención informada sobre os dereitos dos pobos indíxenas, especialmente das mulleres, e apoia as súas reivindicacións históricas como parte do diálogo político intercultural e novo pacto social.

            A.1.3.1 No marco da formación a mozas sobre ciberactivismo, elaboración e difusión de storytelling fundamentados no asesoramento e acompañamento a 02 casos de litixio emblemático de violencia de xénero contra defensoras de Puno, no contexto das protestas sociais de xaneiro 2023.

            A.1.3.2 Mobilización en datas emblemáticas, en articulación con redes/plataformas/colectivas/outras nacionais e rexionais (8M, 25N, 29 de novembro – Día Internacional das defensoras de DDHH-,. 22 de abril - Día da Terra-, 22 de marzo – Día da auga-, 18 de maio-Día da Muller Indíxena-, 15 de outubro-Día da Muller Rural-). Inclúe Campaña “Somos a metade, queremos paridade sen acoso”.

            A.1.3.3 Artivismo-Batucada a cargo de mozos (mulleres e homes) por diálogo político intercultural con igualdade de xénero, libre de racismo e discriminación.

            A.1.3.4 02 Seminarios-taller para 30 xornalistas, comunicadoras/é sobre tratamento noticioso e contidos do diálogo político intercultural e dereitos das mulleres quechuas, ayamaras e uros.

            A.1.3.5 02 sondaxes de opinión, ao comezo e final do proxecto, sobre dereitos e demandas dos pobos indíxenas e, en particular, das mulleres quechuas, aymaras e uros de Puno.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 784 (107 homes; 677 mulleres)

Indirecta: 403.136 (222.700 homes; 180.436 mulleres)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 185.000,00€ (74.000€ en 2023 e 111.000€ en 2024)