Proxectos

Mulleres organizadas de pobos orixinarios de Puno fortalecidas nas súas capacidades, desde unha cidadanía intercultural crítica, inciden polos seus dereitos políticos e vida libre de violencias machistas, Fase II (Perú)

A proposta dá continuidade ao proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia (Fase I), que fortaleceu a 90 mulleres quechuas, aimaras e urus de Puno na súa participación política e na defensa dunha vida libre de violencias. Esta Fase II busca consolidar eses avances en Puno e San Román, incorporando un novo compoñente para facer fronte ao acoso político cara a mulleres lideresas e autoridades. Desenvolverase unha Escola Política, estratexias de incidencia e diagnósticos sobre a participación feminina comunal. Ademais, formarase e acompañarase á Rede de Mulleres Autoridades (REMARPU) na creación de protocolos de protección e autocuidado. Finalmente, impulsaranse campañas e foros de sensibilización sobre dereitos políticos e violencia de xénero, fortalecendo redes locais nun contexto de crecente restrición do espazo cívico.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no Exterior - Liña feminista
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Puno (departamento)
Axentes: 
INTERED GALICIA
Contraparte: 

MOVIMIENTO MANUELA RAMOS

Código CRS: 
15150 - Fortalecemento sociedade civil
15170 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
15180 Loita contra a violencia cara a mulleres e nenas
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a garantir os dereitos políticos das mulleres e unha vida libre de violencias, con igualdade e sen discriminación, en particular das mulleres dos pobos orixinarios do Perú, no marco do ODS 5, do Convenio 169 da OIT, da Declaración das Nacións Unidas sobre os Dereitos dos Pobos Indíxenas, das Recomendacións Xerais 39 e 40 do CEDAW e da Política Nacional de Igualdade de Xénero.

Específico: Promover a participación política, libre de acoso e violencias, das mulleres diversas dos pobos orixinarios quechuas, aimaras e urus das provincias de Puno e San Román, no marco dun diálogo político intercultural.

Resultados e actividades: 

RE.1.1. Mulleres organizadas de pobos orixinarios, como titulares de dereitos, fortalecidas nas súas capacidades individuais e colectivas, en articulación con mulleres autoridades, inciden no recoñecemento e cumprimento dos dereitos políticos das mulleres en toda a súa diversidade desde un enfoque interseccional e intercultural.

       A.1.1.1 Escola Política para mulleres quechuas, aimaras e urus, e diálogo político intercultural para un novo pacto social (60 mulleres, 30% mozas).

       A.1.1.2 Implementación de accións de incidencia política a cargo de mulleres participantes na Fase I e II sobre a axenda do novo pacto social.

       A.1.1.3 Reunións de traballo para a actualización do Documento Político para un novo pacto social.

       A.1.1.4 Foros multiactor para a presentación do Documento Político elaborado polas mulleres quechuas, aimaras e urus de Puno.

       A.1.1.5 Reunións informativas e de sensibilización con organizacións comunais para garantir a participación das mulleres nas directivas comunais (cumprimento da Lei 30982).

RE.1.2. Mulleres autoridades e organizadas, en calidade de titulares de dereitos, adoptan medidas para a identificación, sanción e protección fronte á violencia contra as mulleres na vida política (acoso político).

       A.2.1.1 Seminarios-obradoiro con mulleres autoridades sobre violencia contra as mulleres na vida política (6 seminarios, 50 autoridades, 20% mozas).

       A.2.1.2 Laboratorio para a construción colaborativa dun Protocolo de protección e autocuidado de mulleres autoridades organizadas na REMARPU.

       A.2.1.3 Encontros rexionais da Rede de Mulleres Autoridades (REMARPU) con mulleres das xestións 2023–2026 e 2027–2030.

       A.2.1.4 Alerta e derivación de 20 casos de violencia política, con polo menos 3 casos asistidos legal e/ou psicologicamente.

       A.2.1.5 Laboratorio para a construción colaborativa de protocolos de seguridade e autocuidado na promoción e defensa dos dereitos das mulleres.

RE.1.3. Cidadanía de Puno informada e sensibilizada sobre os dereitos políticos das mulleres de pobos orixinarios, a violencia contra as mulleres na vida política e o novo pacto social como resultado do diálogo político intercultural.

       A.3.1.1 Campañas de información e sensibilización (10 campañas).

       A.3.1.2 Programas radiofónicos a cargo de mulleres e mozas sobre dereitos políticos e violencia política.

       A.3.1.3 Activismo xuvenil (murais, batucadas, música, teatro, redes sociais).

       A.3.1.4 Foros multiactor para a presentación de propostas electorais que garantan os dereitos das mulleres en toda a súa diversidade (4 foros, 70 participantes en cada un).

Poboación beneficiaria: 

Directa: 730 (475 mujeres, 255 hombres)

Indirecta: 300.000 (225.000 mujeres, 75.000 hombres)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

185.000,00€ (64.750,00 € en 2025 e 120.250,00 € en 2026)