Mulleres Rurais Resilientes fronte á variabilidade climática no corredor seco de Madriz
Este proxecto enmárcase nun plan de actuación e estratéxico amplo e a longo prazo (12 anos), a Estratexia País de Axuda en Acción Nicaragua, no cal se establece como prioritaria a presenza en Corredor Seco de Madriz. O devandito plan implementa accións de cooperación ao desenvolvemento nos ámbitos de Seguridade Alimentaria e Dereitos das mulleres con emprendementos resilientes adaptados ao Cambio Climático.
Este proxecto non só se aliña coas accións desa Estratexia senón que da continuidade, sustentabilidade e fortalece os procesos aquí iniciados a través de: 1)Traballo coas mesmas beneficiarias para completar os seus procesos, tanto de empoderamento, liderado e recoñecemento como suxeitas de dereitos (farase énfases en dereitos económicos das mulleres) como de capacitación e habilitación técnico-produtiva apícola iniciados (grupos de mulleres organizadas); 2) Traballo con homes en novas masculinidades, con homes pertencentes á contorna familiar destas mulleres (e das cooperativas de mulleres) asentando os procesos e apoiando a creación de redes de novas masculinidades para as réplicas; 3)mesma zona de implementación e mesmo socio local reforzando así a presenza e a relación cos e as beneficiarias; 4) Mesmo equipo técnico local apropiado dos procesos e con relacións preestablecidas, tanto coas beneficiarias como cos demais actores implicados;5)Divulgación das Axendas económicas elaboradas na Xunta de Galicia 2018. Ademais, a presente proposta non só supoñería a escalabilidade das accións emprendidas en Xunta de Galicia 2018 senón que iría un paso máis aló a través do fortalecemento das capacidades empresariais (Escolas de negocio e contabilidade) para a inclusión no mercado dos produtos das mulleres con valor diferencia (derivados de produtos apícolas).
O proxecto contribúe, por tanto, ao exercicio da cidadanía económica e política das mulleres rurais en grupos organizados e cooperativas, reducindo a súa vulnerabilidade persoal e social ante os efectos do cambio climático en 3 municipios do Corredor seco de Madriz: San Lucas (La Manzana, Río Arriba, El Porcal), Telpaneca (Los Ranchos, Las trojas, Los Lirios-Quibuto, Los Lirios) y Totogalpa (Mamel, La Ceiba, El Frayele, Santo Domingo y Mango Solo). Para iso desenvólvense accións de crecemento persoal, coñecemento dos seus dereitos (con especial énfase nos económicos) adopción de prácticas e cambios nas relacións de xénero e novas masculinidades así como a divulgación das Axendas económicas, elaboradas no proxecto da Xunta de Galicia 2018, en diferentes medios. De igual maneira, realizarase habilitación produtiva para o desenvolvemento de valor agregado ás actividades económica en apicultura e lácteos (para grupos organizados de mulleres e cooperativas). Esta transferencia de tecnoloxías é para implementar actividades produtivas sustentables (e amigable co medio ambiente) e resiliente ao cambio climático que faciliten a autonomía económica das mulleres. Ademais, realízase un gran traballo coas cooperativas para a consolidación da súa xestión empresarial.
Movemento Comunal Nicaragüense (MCN)
Obxectivo xeral: Contribuír ao exercicio dos dereitos económicos e socio ambientais das mulleres rurais de Totogalpa, Telpaneca e San Lucas, reducindo a súa vulnerabilidade persoal e social ante a variabilidade climática do corredor seco de Madriz.
Obxectivo específico: Mellorar as capacidades das mulleres rurais organizadas en 7 grupos e 4 cooperativas de Telpaneca, Totogalpa e San Lucas, a través do exercicio dos seus dereitos económicos, resiliencia persoal, ambiental e empresarial, fronte a variabilidade climática en Corredor Seco de Madriz.
RE 1: Fortalecidas as capacidades das mulleres rurais (grupos organizados/ cooperativas) na toma de decisións, control e uso de recursos na familia e a súa contorna.
A.1.1: Curso de xénero e Dereitos Humanos das Mulleres con 171 mulleres para os exercicios dos seus dereitos humanos.
A.1.2: Procesos de formación en masculinidades positivas con 70 homes.
A.1.3: 6 Sesións de construción e medición de indicadores de xénero con 171 mulleres e 70 homes.
A.1.4: Xestións e participación das representantes das cooperativas e grupos organizados de mulleres no sistema de produción, consumo e comercio en cada territorio. (11 participantes).
A.1.5: 4 eventos de divulgación de axendas das mulleres, en espazos públicos: i) Medios de comunicación (radio e TV), ii) Comisión de produción, consumo e comercio por territorio; iii) Redes empresariais e iv) Universidades.
RE2: Melloradas as capacidades produtivas, das mulleres rurais en grupos organizados/cooperativas, con técnicas resilientes e adaptadas ao cambio climático.
A.2.1: Tres Escolas de resiliencia adaptativa ante a variabilidade climática en Telpaneca, Totogalpa e San Lucas (2 escola por actividade económica: apícola e unha escola de actividade lácteas).
A.2.2: Escola de formación en Negocios inclusivos: "Mellora da calidade nos procesos produtivos e incremento da produción e comercialización dos derivados dos lácteos e mel". (33 participantes representantes dos grupos organizados e cooperativas).
A.2.3: Escola de contabilidade aplicada ao fortalecemento de negocios/INATEC (33 participantes pertencentes a grupos organizados e cooperativas).
A.2.4: Implementación de prácticas de resiliencias na produción apícola nas súas unidades de produción (entréganse 6 parcelas para beneficiar a 10 grupos de mulleres apícolas).
A.2.5: Un Intercambio de experiencias en boas prácticas con provedores de leites (produtores e produtoras) en muxido limpo e sistema de alimentación (20 produtores e produtoras leite).
RE3: Consolidada a xestión empresarial das cooperativas integradas por mulleres (4), para a xeración de produtos con valor diferenciado e potencial de mercado.
A.3.1: Actualización de plans de negocios e elaboración e implementación de plan de mercado 6 eventos por cooperativa.
A.3.2: Desenvolvemento de comunicación dixital e márketing para cada cooperativa (70 mulleres).
A.3.3: Habilitación produtiva para o desenvolvemento de valor agregado ás actividades económica en apicultura e lácteos. (171 mulleres integrantes de 7 grupos e 4 cooperativas).
A.3.4: Xestións legais das cooperativas para documentación formal requirida para a inserción no mercado.
A.3.5: Tres encontros: i) sistema produción, consumo e comercio, ii) enlaces comerciais locais e nacionais e iii) encontros con empresa privada. (33 persoas integrantes dos grupos organizados e cooperativas).
A.3.6: Participación en feiras Municipais de Comercialización de produtos dos grupos de mulleres organizadas e cooperativas.
Directa: Homes (70), Mulleres (171)
Indirecta: Homes (140), Mulleres (482)
Axuda Xunta de Galicia: 175.000€ (2019: 70.000 €; 2020: 105.000 €)