Proxectos

O Dereito como Ferramenta Transformadora. Claves xurídicas para unha Transición Enerxética Xusta e Inclusiva desde a Cooperación España-Ecuador na implementación de Comunidades Enerxéticas (TEJICEC)

O proxecto aborda a falta de acceso á electricidade en zonas rurais de Ecuador e o impacto negativo dos modelos enerxéticos extractivistas sobre comunidades vulnerables. Propón unha cooperación científico-xurídica entre Galicia e Ecuador para impulsar unha transición enerxética xusta mediante comunidades de enerxía renovable e autoconsumo colectivo. A investigación combina a análise comparada dos marcos legais de ambos países co estudo do potencial eólico en Ecuador. O obxectivo é fortalecer as capacidades normativas, garantir a participación das comunidades locais e facilitar o acceso a enerxía limpa, segura e gratuíta.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria de investigación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
UNIVERSIDADE DE VIGO
Obxectivos: 

Xeneral:

OG 1. Avaliar o potencial eólico actual e futuro en Galicia (España) e Ecuador, identificando e mapeando as áreas máis adecuadas para proxectos comunitarios de autoconsumo de enerxía eólica, proporcionando unha guía práctica para as comunidades locais.

OG 2. Analizar os marcos legais de ambos países a nivel estatal, rexional e local para identificar obstáculos e desafíos normativos na implementación de proxectos de comunidades enerxéticas, así como propoñer medidas e instrumentos que faciliten o seu desenvolvemento respectando o medio ambiente e o patrimonio.

OG 3. Comparar os réximes xurídicos de España e Ecuador para explorar oportunidades de cooperación na implantación de comunidades de enerxía renovable, promovendo un desenvolvemento enerxético sostible, inclusivo e xusto.

Específico:

OE 1. Analizar as formas xurídicas posibles para constituír comunidades de enerxía renovable e a súa viabilidade normativa en España e Ecuador.

OE 2. Avaliar os incentivos e medidas de apoio público para fomentar a creación e funcionamento destas

comunidades.

OE 3. Examinar a integración de criterios ambientais, sociais e de sustentabilidade na lexislación aplicable ás comunidades enerxéticas.

OE 4. Analizar a responsabilidade estatal ante a inacción en políticas de enerxías renovables e o seu impacto en dereitos humanos e medio ambiente.

OE 5. Garantir a compatibilidade dos proxectos comunitarios de enerxía co ordenamento territorial, urbanístico e a protección de bens xurídicos.

 

Resultados e actividades: 

A 1. Estudo da normativa sobre Comunidades Enerxéticas para paliar a pobreza enerxética en zonas rurais.

A 2. Análise xurídica da Contratación Pública Estratéxica e cláusulas ambientais e sociais en contratos con Comunidades Enerxéticas.

A 3. Estudo sobre Dereitos Humanos, colectivos vulnerables e cambio climático, analizando a responsabilidade estatal por inacción.

A 4. Identificación e mapeo de zonas aptas en Ecuador e Galicia para aproveitamento eólico por Comunidades Enerxéticas.

A 5. Celebración e participación en workshops e seminarios.

A 6. Asistencia e participación en congresos nacionais e internacionais.

A 7. Estancia en Ecuador para colaboración coa Universidade Andina Simón Bolívar e a sociedade civil local.

A 8. Redacción conxunta de artigos en revistas internacionais JCR e Scopus de recoñecido impacto.
A 9. Redacción de capítulos de libro en editoriais destacadas do SPI polos membros do equipo.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 210 (105 mulleres, 105 homes)

Indirecta: 2550 (1275 mulleres/nenas, 1275 homes/nenos)

 

Avaliación: 
non prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

21.820,00 € (10.910,00 € en 2025 e 10.910,00 E en 2026)