O Globo. Fomentando a cultura participativa con enfoque de ECG e feminista mediante a creación de procesos e espazos que visibilicen, conecten e impulsen o activismo social e a participación cidadá transformadora, tanto dentro como fóra do sistema educativo galego.
“O Globo” é un proxecto que busca fomentar e articular a participación social no territorio galego mediante un enfoque integral e baseado no coidado das persoas, e promovendo espazos virtuais e presenciais que sexan de utilidade para o desenvolvemento comunitario.
No eido da educación regrada, participan catro centros (un de Primaria, outro de Secundaria, un de Formación Profesional e unha Universidade) para promover en cada un deles o deseño e posta en marcha de iniciativas de transformación social.
As iniciativas de transformación social que alberga O Globo caracterízanse por seguir unha metodoloxía que conta cunha estrutura propia, chamada Luces (investigación)-Cámara (análise crítica)-Acción (actuar). Ademais, estas iniciativas contarán con cinco características esenciais; serán transformadoras, colectivas, horizontais, replicables e feministas.
Xeral: Contribuír ao fortalecemento dunha participación social transformadora e articulada en Galicia, mediante a consolidación de espazos democráticos activos, a sensibilización fronte aos retos globais e a promoción da Educación para a Cidadanía Global con perspectiva feminista.
Específico: Fomentar a cultura participativa con enfoque de ECG e feminista mediante a creación de procesos e espazos que visibilicen, conecten e impulsen o activismo social e a participación cidadá transformadora, tanto dentro como fóra do sistema educativo galego.
RE 1.1 Acompañado de xeito continuado o profesorado e o alumnado de Educación Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Universidade participante do proxecto, mediante itinerarios formativos personalizados, asesoramento metodolóxico e recursos didácticos con enfoque de ECG, garantindo a integración das súas iniciativas de transformación social en O Globo.
A.1.1.1 Deseñar e planificar itinerarios formativos para o alumnado en colaboración co profesorado participante.
A.1.1.2 Mentorización de alumnado participante. Dinamización de sesións e seguimento continuado durante o curso
A.1.1.3 Promover o intercambio de experiencias e recursos entre o profesorado galego con interese en ECG mediante o uso das TICs.
RE 1.2 Fortalecida a participación e a transformación social en Galicia a través do mantemento do encontro anual de O Globo, que reúna persoas vinculadas á posta en marcha de experiencias de pensamento crítico vencelladas a temáticas de ECG nas diferentes provincias galegas.
A.1.2.1 Planificar e xestionar o VIII Encontro de O Globo
A.1.2.2 Mapeo de iniciativas de transformación social e acompañamento na adaptación á metodoloxía Luces-Cámara-Acción.
A.1.2.3 Celebración da feira de iniciativas de transformación social do VIII Encontro de O Globo.
A.1.2.4 Accións formativas en materia de participación dentro do VIII Encontro de O Globo. Recursos para a promoción da participación social.
RE 1.3 Fortalecida a articulación da participación social en Galicia mediante un observatorio dixital permanente de iniciativas de transformación social que recolla e visibilice experiencias, ofreza ferramentas metodolóxicas de ECG para a mobilización cidadá, e impulse a súa difusión nos medios.
A.1.3.1 : Dinamizar e xestionar as redes sociais de O Globo.
A.1.3.2 Dinamizar e xestionar a web de O Globo.
A.1.3.3 Proxectar O Globo como ferramenta de participación útil para a sociedade.
RE 1.4 Mecanismos de xestión participativa, coidados socioafectivos e avaliación externa do proxecto
A.1.4.1 Coordinación participada e seguemento continuado de todas as accións do proxecto
A.1.4.2 Círculos de coidado socioafectivo para o persoal de SIG
A.1.4.3 Avaliación externa do proxecto
Directa: 232 (173 mulleres/nenas, 59 homes/nenos)
Indirecta: 26494 (17154 mulleres/nenas, 9340 homes/nenos)
37.000€ (14.800€ en 2025 e 22.200 € en 2026)