Proxectos

O Globo. Fomentando a cultura participativa con enfoque de ECG e feminista mediante a creación de procesos e espazos que visibilicen, conecten e impulsen o activismo social e a participación cidadá transformadora, tanto dentro como fóra do sistema educativo galego.

O Globo é un proxecto de Educación para a Cidadanía Global de Solidariedade Internacional de Galicia (SIG) que busca fomentar e articular a participación social en Galicia, promovendo procesos e espazos presenciais e virtuais nos que a cidadanía poida adquirir ferramentas, compartir experiencias e impulsar iniciativas de transformación social desde un enfoque de ECG e feminista. A proposta conecta comunidade educativa, colectivos sociais e persoas activistas, favorecendo que experiencias que habitualmente se desenvolven de maneira illada poidan coñecerse, relacionarse e multiplicar o seu alcance.

Ano: 
2026
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Código CRS: 
15170 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao fortalecemento dunha participación social transformadora e articulada en Galicia, mediante a consolidación de espazos democráticos activos, a sensibilización fronte aos retos globais e a promoción da educación para a cidadanía global con perspectiva feminista.

Específico: Fomentar a cultura participativa con enfoque de ECG e feminista mediante a creación de procesos e espacios que visibilicen, conecten e impulsen o activismo e a participación cidadá transformadora, tanto dentro como fóra do sistema educativo galego.

Resultados e actividades: 

E 1.1. Acompañado de xeito continuado o profesorado e o alumnado de educación primaria, secundaria, formación profesional e universidade participante do proxecto, mediante itinerarios formativos personalizados, asesoramento metodolóxico e recursos didácticos con enfoque de ECG, garantindo a integración das súas iniciativas de transformación social en O Globo.

A.1.1.1. Deseñar e planificar itinerarios formativos para o alumnado en colaboración co profesorado participante.

A.1.1.2. Mentorización de alumnado participante. Dinamización de sesións e seguimento continuado durante o curso.

A.1.1.3. Promover o intercambio de experiencias e recursos entre o profesorado galego con interese en ECG mediante o uso das TICs.

RE 2.1. Fortalecida a participación e a transformación social en Galicia a través do mantemento do encontro anual de o globo, que reúna persoas vinculadas á posta en marcha de experiencias de pensamento crítico vencelladas a temáticas de ECG nas diferentes provincias galegas.

A.2.1.1. Planificar e xestionar o IX Encontro de O Globo.

A.2.1.2. Mapeo de iniciativas de transformación social e acompañamento na adaptación á metodoloxía Luces-Cámara-Acción.

A.2.1.3. Celebración da feira de iniciativas de transformación social do IX Encontro de O Globo.

A.2.1.4. Accións formativas en materia de participación dentro do IX Encontro de O Globo. Recursos para a promoción da participación social.

RE 3.1. Fortalecida a articulación da participación social en Galicia mediante un observatorio dixital permanente de iniciativas de transformación social que recolla e visibilice experiencias, ofreza ferramentas metodolóxicas de ECG para a mobilización cidadá, e impulse a súa difusión nos medios.

A.3.1.1. Dinamizar e xestionar as redes sociais de O Globo.

A.3.1.2. Dinamizar e xestionar a web de O Globo.

A.3.1.3. Proxectar O Globo como ferramenta de participación útil para a sociedade.

RE 4.1. Establecidos mecanismos de xestión participativa, coidados socioafectivos e avaliación externa do proxecto.

A.4.1.1. Coordinación participada e seguemento continuado de todas as accións do proxecto.

A.4.1.2. Círculos de coidado socioafectivo para o persoal de SIG.

A.4.1.3. Avaliación externa do proxecto.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 266 persoas (41 homes, 160 mulleres, 33 nenos e 32 nenas).

Indirecta: 26.574 persoas.

Axudas: 

Xunta de Galicia: 37.000 € (14.800 € en 2026 e 22.200 € en 2027)