O GLOBO. Observatorio, escola e espazo de participación
O proxecto é unha continuación dos proxectos de Solidariedade Internacional de Galicia que ten no eido da educación para o desenvolvemento que aspira a crear unha ferramenta que sirva para que as escolas sexan un lugar de participación, un espazo de promoción e divulgación da participación social con enfoque de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global, con especial atención á mocidade. O proxecto céntrase na promoción e proxección desta ferramenta para consolidala como referente galego para o exercicio dunha cidadanía global que atopa na participación social (con perspectiva glocal) a súa máxima expresión. Para isto, desenvólvense micro-experiencias de transformación social en 26 centros educativos galegos, con actividades online e encontros anuais onde se pretende investigar, analizar criticamente e actuar, baixo o lema luces, cámara e acción. Estes tres eixos resúmense da seguinte maneira:
- O Globo coma observatorio. Pretende a visibilización e recollida de micro-experiencias de transformación social; recompilación de estudos, documentos e materiais que sexan ferramentas para exercer a participación social con perspectiva de EpDCG.
- Globo coma escola. Pretende facilitar coñecementos e ferramentas metodolóxicas de participación social dende a perspectiva da educación para a cidadanía global.
- Globo coma espazo. Pretende o exercicio da cidadanía global a través da habilitación de espazos de participación social vencellados ao Globo.
Xeral: Contribuír á promoción dunha cultura participativa en Galicia con enfoque de EpDCG.
Específico: Promover oportunidades para unha aprendizaxe significativa en materia de participación con perspectiva global das persoas activistas e voluntarias de colectivos formais e non formais de Galicia (con especial atención ós mozos) e do profesorado galego.
RE 1.1. Visibilizadas micro-experiencias de transformación social e recompilados estudos documentos e materiais que sexan ferramentas para exercer a participación social con perspectiva de EpDCG. O globo como observatorio de participación.
A.1.1.1. Realizar itinerarios para promover, documentar e visibilizar micro experiencias de transformación social.
A.1.1.2. Recompilar estudos e ferramentas para complementar a dimensión de observatorio de O Globo.
RE 1.2. Facilitados coñecementos e ferramentas metodolóxicas de participación social dende a perspectiva da educación para a cidadanía global . O globo como escola.
A.1.2.1. Realización da formación co título “ O globo; observatorio para educar na cidadanía global” homologada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
A.1.2.2. Realización dunha proposta formativa orientada a colectivos sociais e persoas interesadas sobre contidos teóricos e prácticos da participación.
RE 1.3. Habilitados espazos de participación social para o exercicio da cidadanía global. O globo como espazo de participación.
A.1.3.1. A Ruta.
A.1.3.2. Prisma.
A.1.3.3. IV Encontro de O Globo.
RE 1.4. Proxectado o globo entre a sociedade galega como ferramenta útil para a promoción da participación dende o paradigma da EpDCG.
A.1.4.1. Xestión e dinamización de contidos da web de O Globo.
A.1.4.2. Dinamización e xestión de RRSS baixo a marca O Globo.
A.1.4.3. Promocionado O Globo en espazos galegos vinculados a novas pedagoxías.
Directa: 103 persoas, das cales 22 son homes e 81 son mulleres.
Indirecta: 4.747 persoas beneficiarias de maneira indirecta, das cales 1.190 son homes, 2.912 son mulleres, 319 nenos e 326 nenas.
Axuda Xunta de Galicia: 34.824,63 € (2021: 13.929,85 € ; 2022: 20.894,78 €)