Proxectos

O GLOBO. Observatorio, escola e espazo de participación

O presente proxecto da continuidade a unha importante aposta institucional iniciada por SIG no ano 2017 para a promoción da participación social, esforzo que se concreta na ferramenta coñecida coma O Globo. O Globo xira en torno as denominadas “microexperiencias de transformación social”. Trátase de iniciativas sociais que contan con 4 características esenciais; transformadoras, colectivas, horizontais e replicables e que se organizan segundo a tríada luces (investigar), cámara (analizar criticamente) e acción (actuar), que pretenden contribuír á consecución da Axenda 2030, a través das diferentes temáticas que abordan.

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á promoción dunha cultura participativa en Galicia con Enfoque de ECG

Específico: Promover oportunidades para unha aprendizaxe significativa en materia de participación con perspectiva global das persoas activistas e voluntarias de colectivos formais e non formais de Galicia (con especial atención á mocidade) e do profesorado galego.

Resultados e actividades: 

R.1. Visibilizadas microexperiencias de transformación social de colectivos sociais e centros educativos.

A.1.1. Promover e visibilizar microexperiencias de transformación social en centros educativos galegos. (Itinerario 1)

A.1.2. Identificar e visibilizar microexperiencias de transformación social de colectivos sociais. (Itinerario 2)

R.2. Facilitados coñecementos e ferramentas metodolóxicas de participación social dende a perspectiva da educación para a cidadanía global. O Globo como escola.

A.2.1. Realización da formación dirixida a profesorado “O GLOBO; OBSERVATORIO PARA EDUCAR NA CIDADANÍA GLOBAL” homologada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade

A.2.2. Realización dunha proposta formativa orientada a colectivos sociais e persoas interesadas sobre contidos teóricos e prácticos en materia de participación.

A.2.3. Recompilar estudos e ferramentas para complementar a dimensión de observatorio de O Globo.

R.3. Habilitados espazos de participación social para o exercicio da cidadanía global. O Globo como espazo de participación.

A.3.1. O Prisma

A.3.2. A Ruta

A.3.3. V Encontro de O Globo

R.4. Proxectado O Globo entre a sociedade galega como ferramenta útil para a promoción da participación dende o paradigma da ECG, a incidencia política e social.

A.4.1. Xestión e dinamización de contidos da web de O Globo

A.4.2. Dinamización e xestión de RRSS baixo a marca O Globo.

A.4.3. Promovido O Globo en espazos vinculados a novas pedagoxías

Poboación beneficiaria: 

Directa: 111 persoas, das cales 28 son homes e 83 mulleres (Equipo humano de SIG e Prisma (O Globo); profesorado participante; persoas que realicen o itinerario formativo, con SIG como centro de prácticas; profesorado de centros antigos; colectivos formais e non formais).

Indirecta: 4.752 persoas, das cales 1.190 son homes, 2.912 mulleres, 331 nenos e 319 nenas (Alumnado do profesorado participante; destinatarios/as das accións de difusión en Redes Sociais propias: destinatarios de novas sobre o proxecto a través de medios tradicionais; membros dos colectivos e entidades involucradas, que non participan directamente nas accións do proxecto).

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

34.949,76 € (13.979,90 € en 2022 e 20.969,86 € en 2023)