Proxectos

O GLOBO. Observatorio, escola e espazo de participación.

O presente proxecto da continuidade a unha importante aposta institucional iniciada no ano 2017 para a promoción da participación social, esforzo que se concreta na ferramenta coñecida coma O Globo. A proposta centra os seus esforzos na promoción e proxección desta ferramenta para consolidala como referente galego na promoción dunha Cidadanía Global que atopa na participación social (con perspectiva glocal) a súa máxima expresión. O Globo xira en torno ás denominadas “microexperiencias de transformación social”. Iniciativas sociais que contan con 4 características esenciais; transformadoras, colectivas, horizontais e replicables e que se organizan segundo a tríada luces (investigar), cámara (analizar criticamente) e acción (actuar), que pretenden contribuír á consecución da Axenda 2030, a través das diferentes temáticas que abordan. A partir destes elementos, a presente proposta desenvolverase con docentes de 10 centros educativos galegos e membros de, a lo menos, 15 colectivos galegos e do Sur Global.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á promoción dunha cultura participativa en Galicia con enfoque de ECG.

Específico: Promover oportunidades para unha aprendizaxe significativa en materia de participación con perspectiva global das persoas activistas e voluntarias de colectivos formais e non formais de Galicia (con especial atención á mocidade) e do profesorado galego.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Impulsadas e visibilizadas microexperiencias de transformación social de colectivos sociais e centros educativos.

A.1.1.1 Promocionar e visibilizar microexperiencias de transformación social en centros educativos galegos.

A.1.1.2 Identificar e visibilizar microexperiencias de transformación social de colectivos sociais.

RE 1.2 Fortalecidas as capacidades (coñecementos, habilidades, actitudes) para exercer a participación social con enfoque de ECG.O GLOBO como escola.

A.1.2.1 Realización da formación dirixida a profesorado “ O GLOBO; OBSERVATORIO PARA EDUCAR NA CIDADANÍA GLOBAL” homologada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade

A.1.2.2  Realización dunha proposta formativa orientada a colectivos sociais e persoas interesadas sobre contidos teóricos e prácticos en materia de participación.

A.1.2.3 Recompilar estudos e ferramentas para complementar a dimensión de observatorio de O Globo.

RE 1.3 Habilitado un espazo de encontro de participación social para o exercicio da cidadanía global, VI Encontro. O Globo como espazo de participación.

A.1.3.1 Planificación e xestión do VI Encontro de O Globo.

A.1.3.2 Celebración do VI Encontro de O Globo.

RE 1.4 Proxectado O GLOBO entre a sociedade galega como ferramenta útil para a promoción da participación dende o paradigma da ECG, a incidencia política e social.

A.1.4.1 Xestión e dinamización de contidos da web de O Globo.

A.1.4.2 Dinamización e xestión de RRSS baixo a marca O Globo.

A.1.4.3 Promocionado O Globo en espazos vinculados a novas pedagoxías.

RE 1.5  Fomentada a coordinación e a análise do proxecto de cara á súa visibilidade, sustentabilidade e a aprendizaxe colectiva.

A.1.5.1 Coordinación participada e seguemento continuado de tódalas accións do proxecto.

A.1.5.2 O Prisma

A.1.5.3 Avaliación externa do proxecto

Poboación beneficiaria: 

Directa: 39 homes + 123 mulleres =  162 persoas

Indirecta: 1.670 homes + 3.966 mulleres + 319 nenos + 331 nenas = 6.286 persoas

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 34.809,01€ (13.923,60€ en 2023 e 20.885,41€ en 2024)