O Globo. Observatorio, escola e espazo de participación
Este proxecto da continuidade a “O Globo”, unha aposta institucional iniciada no 2017 para a promoción da participación social, que xira en torno ás denominadas “microexperiencias de transformación social”. Iniciativas sociais que contan con 5 características esenciais; transformadoras, colectivas, horizontais, replicables e feministas; e que se organizan segundo a tríada Luces (investigar), Cámara (analizar criticamente) e Acción (actuar), que pretenden contribuír á consecución da Axenda 2030, a través das diferentes temáticas que abordan. A partir destes elementos, o presente proxecto desenvolverase con profesorado de 10 centros educativos galegos e membros de, a lo menos, 15 colectivos galegos e do Sur Global, así como persoas individuais interesadas na abordaxe da participación. Farase abordando a ECG en xeral e a participación en particular a través da ferramenta O Globo, concibida á vez como observatorio, escola e espazo de participación. Así o proxecto conta con tres liñas:
- Globo como observatorio. Pretende a visibilización de microexperiencias de transformación social, realizando itinerarios de acompañamento a profesorado e colectivos sociais para identificar, promover, documentar e visibilizar as súas iniciativas.
- Globo como escola. Pretende facilitar coñecementos e ferramentas metodolóxicas de participación social dende a perspectiva da ECG a través dunha formación dirixida ao profesorado participante e a compilación de estudos, documentos e materiais que sexan ferramentas para exercer a participación social con perspectiva de ECG.
- Globo como espazo. Pretende o exercicio da cidadanía global a través da xestión dos espazos de participación social.
Xeral: Contribuír á promoción dunha cultura participativa en Galicia con Enfoque de ECG e feminista
Específico: Promover oportunidades para unha aprendizaxe significativa en materia de participación con perspectiva global e feminista das persoas activistas e voluntarias de colectivos formais e non formais de Galicia (con especial atención á mocidade) e do profesorado galego
RE 1.1 Impulsadas e visibilizadas microexperiencias de transformación social de colectivos sociais e centros educativos.
A.1.1.1 Promover e visibilizar microexperiencias de transformación social en centros educativos galegos. (Itinerario 1)
A.1.1.2 Identificar e visibilizar microexperiencias de transformación social de colectivos sociais. (Itinerario 2)
RE 1.2 Fortalecidas as capacidades (coñecementos, habilidades, actitudes) para exercer a participación social con enfoque de ECG e feminista. O globo como escola.
A.1.2.1 Realización da formación dirixida a profesorado “ O GLOBO; OBSERVATORIO PARA EDUCAR NA CIDADANÍA GLOBAL” homologada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
A.1.2.2 Realización dunha proposta formativa orientada a colectivos sociais e persoas interesadas sobre contidos teóricos e prácticos en materia de participación.
A.1.2.3 Recompilar estudos e ferramentas para complementar a dimensión de observatorio de O Globo.
RE 1.3 Habilitado un espazo de encontro de participación social para o exercicio da cidadanía global, VII encontro. O globo como espazo de participación.
A.1.3.1 Planificación e xestión do VII Encontro de O Globo.
A.1.3.2 Celebración do VII Encontro de O Globo.
RE 1.4 Proxectado o globo entre a sociedade galega como ferramenta útil para a promoción da participación dende o paradigma da ECG, a incidencia política e social.
A.1.4.1 Xestión e dinamización de contidos da web de O Globo.
A.1.4.2 Dinamización e xestión de RRSS baixo a marca O Globo.
A.1.4.3 Promovido O Globo en espazos vinculados a novas pedagoxías.
RE 1.5 Fomentada a coordinación e a análise do proxecto de cara a súa visibilidade, sostibilidade e a aprendizaxe colectiva.
A.1.5.1 Coordinación participada e seguimento continuado de tódalas accións do proxecto.
A.1.5.2 O Prisma.
A.1.5.3 Avaliación externa do proxecto.
A.1.5.4 Liña de base do proxecto.
Directa: 148 (39 homes; 109 mulleres)
Indirecta: 8.192 (2.307 homes; 5.385 mulleres; 248 nenos; 252 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
35.000 € (14.000 € en 2024 e 21.000 € en 2025)