O Globo; observatorio para educar na cidadanía global
Defínese O Globo coma unha ferramenta de participación que alberga e impulsa micro-experiencias de transformación social e espazos de intercambio para compartilas e trasladalas á sociedade. E tanto un espazo físico (que se desenvolve en encontros anuais onde os centros educativos, as ONGD e outras entidades intercambian aprendizaxes, reflexionan e construen cidadanía global) coma un espazo virtual (onde compartir as micro-experiencias de transformación social, atopar información de utilidade, boas prácticas e recursos didácticos). Por todo, o obxectivo último de O Globo é a mobilización, a incidencia social e política.
O proxecto desenvolverase con 8 centros educativos galegos e, alomenos, 15 colectivos xuvenís galegos nos que se abordará a EDCG en xeral e a participación en particular a través dunha triple dimensión:
- A investigación. A través da realización de 5 actividades que teñen coma obxectivo xenerar coñecemento e propoñer respostas aos retos da participación en Galicia.
- A acción. A través da promoción de micro-experiencias de transformación social que sexan espazos vivencias de experimentación da participación con enfoque EDCG.
- A sensibilización social. A través da difusión e divulgación dos resultados da investigación e das micro-experiencias de transformación social que permitirán mellorar a información dispoñible e contar con referentes para o exercicio da participación.
Obxectivo xeral: Contribuír á promoción dunha cultura participativa en Galicia con enfoque de EDCG (Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global).
Obxectivo específico: Promocionar oportunidades para unha aprendizaxe significativa en materia de participación con perspectiva global das persoas activistas e voluntarias de colectivos formais e non formais de Galicia (con especial atención á xuventude) e do alumnado de 8 centros educativos.
RE 1.1 Realizado un diagnóstico participativo (baseado na metodoloxía de Investigación- Acción) sobre a participación xuvenil en Galicia.
A 1.1.1 Sistematizado o proxecto Horizonte 2030; construíndo liderados positivos cara unha xuventude galega transformadora.
A 1.1.2 Realización dun seminario/xornada inicial sobre participación xuvenil.
A 1.1.3 Labor investigación.
A 1.1.4 Realización dun encontro en clave de laboratorio de participación xuvenil.
A 1.1.5 Deseñadas ferramentas para a promoción, seguimento e avaliación da participación.
RE. 1.2 Promovidas micro experiencias de transformación social a través de axentes multiplicadores, en especial profesorado e colectivos sociais (formais e informais).
A 1.2.1 Creación de espazos de presentación e formación sobre O Globo.
A 1.2.2 Coordinación e acompañamento aos colectivos participantes.
A 1.2.3 Análise, documentación e inserción en O Globo.
RE. 1.3 Proxectado O Globo entre a sociedade galega como ferramenta útil para a promoción da participación dende o paradigma da EDCG.
A 1.3.1 Xestión e dinamización de contidos da web de O Globo.
A 1.3.2 Creación e xestión de RRSS baixo a marca O Globo.
A 1.3.3 Promocionado O Globo en espazos galegos vinculados a novas pedagoxías.
A 1.3.4 III Encontro de O Globo.
Directa: A poboación beneficiaria directa é un total de 252 persoas (124 mulleres e 128 homes), configurada polo equipo humano de SIG, profesorado participante, colectivos formais e/ou non formais, e o alumnado.
Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta é un total de 504.062 (202.623 mulleres e 301.439 homes), configurada polo resto do alumnado dos centros educativos participantes, as familias, os destinatarios/as das accións de difusión en Redes Sociais propias e os lectores dos medios tradicionais.
Axuda Xunta de Galicia: 34.998,22 € (2020: 13.999,29 € ; 2021: 20.998,93 €)