Proxectos

O movemento social do comercio xusto como exercicio de cidadanía global: unha contribución á consecución da Axenda 2030 desde Galicia

O proxecto abórdase de xeito integral dende 3 dimensións da EDCG: investigación, sensibilización, mobilización social e incidencia política. Farase mediante un conxunto de actividades que se desenvolverán en 8 concellos galegos en torno á temática principal do Comercio Xusto.

A finalidade do proxecto é fortalecer as capacidades do Movemento Social do Comercio Xusto como exercicio de Educación para a Cidadanía Global e como estratexia que permita contribuír, por unha banda, á configuración dunha cidadanía global crítica, responsable, activa e participativa na construción dunha nova sociedade, tanto no Norte coma no Sur, comprometida coa solidariedade, a corresponsabilidade, a interdependencia, o medio ambiente e o desenvolvemento humano e sostible; e, por outra banda, contribuír aos obxectivos da Axenda 2030 dende a Comunidade autónoma galega.

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a garantir o acceso á información e aos coñecementos de calidade sobre o comercio xusto e o consumo responsable para a práctica do desenvolvemento sostible e os estilos de vida en harmonía coa natureza.

Específico: Fortalecidas as capacidades do movemento social do comercio xusto como estratexia para contribución á Axenda 2030 desde Galicia.

Resultados e actividades: 

RE 1.1  Xerado o coñecemento sobre a evolución do movemento do comercio xusto mediante a realización dunha investigación diagnóstica desde Galicia.

                A.1.1.1 Xestionar o coñecemento para o desenvolvemento do proxecto a través dunha liña de base con enfoque de xénero.

                A 1.1.2 Realizar unha investigación que recolla información a nivel internacional, nacional e  autonómico sobre o movemento do comercio xusto.

                A 1.1.3 Organizar un encontro virtual internacional de interacción e reflexión entre os distintos actores clave do comercio xusto.

                A 1.1.4 Elaborar/Producir mensaxes para difundir entre a cidadanía cos resultados e conclusións da investigación.

                A 1.1.5 Levar a cabo un proceso participativo ao interno da organización para definir liñas estratéxicas que permitan orientar a área de comercio xusto da nosa entidade.

                A 1.1.6 Socializar os resultados e achados do estudo de investigación entre o sector da cooperación galega.

RE 1.2 Mobilizado o tecido asociativo de REAS Galicia en prol do comercio xusto mediante accións de activismo social e concienciados 10 representantes políticos galegos mediante actos de incidencia política.

                A 1.2.1 Realizar unha campaña de mobilización social de cara o día mundial do Comercio Xusto 2021.

                A 1.2.2 Promocionar microexperiencias de transformación e mobilización social de comercio xusto a través “Do Globo” (Observatorio para Educar na Cidadanía    Global).

                A 1.2.3 Desenvolver unha campaña de incidencia política sobre o comercio xusto e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible dirixida a representantes políticos galegos.

RE 1.3 Sensibilizada a poboación xeral de 5 concellos galegos sobre o consumo responsable e o comercio xusto a través de estratexias educomunicativas de concienciación social tanto en espazos de rúa como en espazos virtuais.

                A 1.3.1 Realización de 5 feiras de mostras “Comercio con Sentido” como accións  de  sensibilización social dirixidas á poboación xeral.

                A 1.3.2 Organización de 5 obras teatrais “Vaia Tea” como accións de sensibilización social dirixidas á poboación xeral.

                A 1.3.3 Implantar unha campaña educomunicativa sobre o comercio xusto a través da implicación de alo menos 10 gastro-bloguers galegos.

RE 1.4 Difundido o coñecemento extraído da experiencia entre a sociedade galega a través de redes sociais, medios tradicionais, tendas de SI Galicia e avaliado o proxecto.

                A 1.4.1 Desenvolver unha campaña de comunicación para a difusión integral do proxecto en medios de comunicación tradicionais, redes sociais e tendas de SI Galicia.

                A 1.4.2 Realizar unha avaliación externa final con enfoque de xénero e especial atención á replicabilidade e leccións aprendidas.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 14.228 persoas (10.968 mulleres e 3.260 homes) entre persoas do sector da cooperación galega, REAS Galicia, participantes nas micro-experiencias, nas accións de fortalecemento (equipa técnica, xunta directiva, voluntariado e colaboradores e alumnado de prácticas), os representantes políticos, asistentes ás obras de teatro e clientela das tendas de comercio xusto.

Indirecta: 59.703 persoas (37.385 mulleres e 22.318 homes).

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 34.849,73 €  (2020: 13.939,89 €;  2021: 20.909,84 €)