O municipalismo galego aberto a cooperar.
O obxectivo principal do Plan 2016 será o de Promover a participación e implicación das administracións locais galegas na área de cooperación ao desenvolvemento.O proxecto presentado responde aos obxectivos e estratexias establecidas nas Liñas Estratéxicas 2016-2019. O proxecto xira en torno ás especificidades da cooperación municipalista galega, as súas vantaxes comparativas coma axentes específicos dentro do sistema internacional de cooperación e coma modelo de traballo en rede colaborativo que representa o Fondo Galego.
Obxectivo xeral: Incrementada, desde o local, a sensibilización da sociedade galega en torno ás desigualdades Norte-Sur.
Obxectivo específico: Promovida a participación e implicación das administracións locais galegas na área de cooperación ao desenvolvemento.
Resultados e Actividades.
Resultado 1.1: Reforzada a rede organizativa-institucional do Fondo Galego.
A.1.1.1: Levar a cabo as xuntanzas da Rede municipalista solidaria de xeito máis participativo e procurando unha maior asistencia de socios
A.1.1.2: Vacacións con Traballo.
Resultado 1.2: Promovidas actividades de sensibilización atractivas e novidosas entre os socios do Fondo Galego, prestando especial atención aos Concellos do rural, para incrementar o coñecemento e a solidariedade cos pobos do Sur.
A.1.2.1: Concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo III
A.1.2.2: Tecendo polo cambio
A.1.2.3: Contaconto.
Resultado 1.3: Visibilizada a cooperación municipalista levada a cabo a través do Fondo Galego e as cuestións relativas ás desigualdades Norte-Sur.
A.1.3.1: Elaboración dunha exposición sobre os 20 anos do Fondo Galego
A.1.3.2: Memoria 2015.
A.1.3.3: IAF´s dixitais
40.000,00€.