O municipalismo, km 0 da cooperación
O proxecto nace da experiencia acumulada do Fondo Galego, coa intención de promover unha maior participación, coordinación, eficacia, eficiencia, impacto e visibilización da cooperación municipalista realizada desde Galicia.
Este proxecto presenta importantes retos, pretendendo dar un paso máis alá para procurar unha maior sensibilización sobre a importancia da cooperación ao desenvolvemento realizada desde Galicia da man do Fondo Galego, así como unha maior implicación das entidades locais no cumprimento dos ODS, procurando sinerxías coa administración local e rexional dos países de lingua oficial portuguesa.
Xeral: Impulsadas e fortalecidas, con sinerxía e coordinación, as políticas públicas municipais de cooperación ao desenvolvemento e o cumprimento da Axenda 2030.
Específico: Promovida a implicación da administración local galega en materia de cooperación ao desenvolvemento como ferramenta para dar cumprimento á Axenda 2030.
RE 1.1: Fomentadas as relacións de solidariedade entre o municipalismo galego e os países empobrecidos de lingua oficial portuguesa.
A.1.1.1. Adhesión do Fondo Galego a unha nova rede de países de fala portuguesa.
A.1.1.2. Cooperación técnica entre o municipalismo galego e os países de fala portuguesa.
RE 1.2: Promovida a sensibilización e a formación das administracións locais galegas respecto da cooperación ao desenvolvemento e da Axenda 2030.
A.1.2.1. Representación teatral «A teteira de Kabul».
A.1.2.2. Curso en liña de compra pública ética.
Directa: 782 persoas (414 mulleres/nenas e 368 homes/nenos)
Indirecta: 80.265 persoas (40.071 mulleres e 40.194 homes)
60.000 € (2025)