O que a túa neveira agacha: axentes multiplicadores cambian as súas pautas de consumo e as difunden contribuíndo á consecución dunha xustiza alimentaria global
O proxecto ten como obxectivo específico lograr que axentes multiplicadores adopten e promovan cambios nas súas pautas de consumo individuais e colectivas, contribuíndo así á construción dun movemento cidadán en aras dunha maior xustiza alimentaria a nivel global. Trátase de apelar á responsabilidade individual e á necesidade de que a cidadanía xogue un papel activo, consciente e crítico sobre o actual modelo de produción agrícola, insustentable ecoloxicamente e inxusto socialmente, incidindo especialmente nos colectivos priorizados: o voluntariado de Intermon Oxfam, o colectivo identificado de persoas sensibles ao comercio xusto, os profesionais dos Medios de Comunicación, profesorado, educadores de tempo libre, asociacións de pequenos comerciantes e grupos de consumo, todos eles considerados colectivos cunha alta capacidade de multiplicación.
Obxectivo Xeral: Contribuír dende Galicia á construción dun movemento cidadán mundial para ser parte dun futuro onde todas as persoas teñan suficiente para comer sempre.
Obxectivo Específico: Axentes multiplicadores galegos teñen adoptado e promovido cambios nas súas pautas de consumo individuais e colectivas, contribuíndo así á construción dun movemento cidadán en Galicia en aras dunha maior xustiza alimentaria a nivel global.
Resultado 1.1: A cidadanía de Galicia e os colectivos multiplicadores están informados, formados e sensibilizados e participan nas iniciativas promovidas adoptando cambios nas súas pautas de consumo, individuais e colectivas.
Actividades:
A.1.1.1: Tres tipos de obradoiros/charlas sobre consumo e produción de café, té e cacao realizados en polo menos tres cidades ou vilas distintas.
Resultado 1.2: O equipo de Intermón Oxfam en Galicia, as coop. de consumo, os educadores e outros colectivos multiplicadores ven fortalecidas as súas capacidades en construción de cidadanía e promoven alternativas.
Actividades:
A.1.2.1: Realización dun itinerario formativo para os colectivos multiplicadores durante todo o tempo que dure o proxecto.
Resultado 1.3: As redes de organizacións xa formadas vense fortalecidas e xéranse novos espazos de colaboración que incorporan os temas de comercio xusto e ecolóxico e xustiza alimentaria.
Actividades:
A.1.3.1: Celebración de dúas xornadas de “consumo alternativo e economía social” na rúa.
A.1.3.2: Celebración dunhas xornadas de reflexión e debate sobre CX e economía social. Abril 2014 na Coruña.
Directa: 3.380 (1.815 mulleres)
Indirecta: 11.900
9.860,00 (2013:3.944,00 ; 2014: 5.916,00)