ODiSeIA: educación, participación e mobilización para reducir o impacto das narrativas de odio e anticooperación co Sur Global
O proxecto ODiSeIA aposta pola transformación das narrativas como ferramenta central para facer fronte á polarización social e promover unha sociedade máis xusta e inclusiva. A partir dos logros e aprendizaxes previas, deseñouse unha proposta inédita que busca dar resposta a desafíos emerxentes mediante unha estratexia que imbrica comunicación, mobilización e educación como eixos de acción. Nesta nova fase, ODiSeIA sitúase como un espazo de innovación social que emprega técnicas exhaustivas de segmentación actitudinal para empoderas ás propias persoas migrantes e defensoras de dereitos como axentes narrativos e transformadores, contribuíndo a desartellar discursos excluíntes e a construír unha cidadanía crítica, diversa e activamente comprometida coa xustiza social.
Esta estratexia ten como aliado imprescindible o grupo TeXe da USC e colabora con outros centros de coñecemento coma a UdC e a UVigo para implantar novas prácticas investigadoras, educativas e de participación que propicien a mobilización cidadá para a expansión dos ODS, operando especialmente no ODS 16 meta 16.10, aínda que as súas accións alimentan tamén as metas 16.1 e 16.5, e ODS 4 (meta 4.7) e 10 (meta 10.2).
Enfocámonos á maximización do potencial de freo do odio que se xera nas relacións locais e proxectámonos cara á contorna global dixital, mellorando a eficacia, eficiencia e urxencia das accións. Paralelamente, abrimos procesos de transformación narrativa para a intervención, incidencia, activación e interconexión de axentes crave, vítimas, e públicos ambivalentes, recoñecendo o protagonismo das persoas migrantes, racializadas e/ou en exclusión social como transformadoras das narrativas discriminatorias que as afectan. Empregamos una estratexia de cambio narrativo combinada con tácticas tecnolóxicas e desde a perspectiva de que as persoas en exclusión social non alcanzarán unha inclusión plena se son obxecto de ataques e discriminacións que lles impiden exercer os seus dereitos, e aféctanlles desde o plano individual (autoestima, dano psicolóxico, dano físico, negación de oportunidades), ata o colectivo (estigmatización, descrédito, marxinación, rexeitamento).
Xeral: Reducir o impacto da polarización na sociedade galega, que conduce á ruptura da cohesión social e ao rexeitamento da Axenda 2030, especialmente aos ODS de inclusión, igualdade e solidariedade transfonteiriza.
Específico: Incrementar, nun prazo de 14 meses, a inmunidade dos grupos oprimidos (especialmente migrantes), persoas defensoras de dereitos e audiencias ambivalentes nas provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra fronte o impacto das narrativas de odio, que interseccionan xenofobia, machismo, negacionismo anti Axenda 2030 e ataques a solidariedade transfronteiriza.
RE 1.1. Xerado coñecemento inédito e aplicado sobre as motivacións, mecanismos mentais e condicionantes profundos que segmentan a poboación galega segundo as súas actitudes ante os movementos migratorios e a solidariedade transfronteiriza.
A.1.1.1. Segmentación poboacional para a optimización das accións de ECG.
A.1.1.2. Investigación sobre a representación das persoas migrantes e racializadas na comunicación on e off line.
RE 2.1. Aportadas novas oportunidades de participación, autodefensa e autoorganización fronte os danos das narrativas de odio (racista xenófobo, machista, vicario) entre os colectivos diana, nas provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra, ao longo de 14 meses e con vocación de autosostibilidade.
A.2.1.1. Espazos de reflexión e autodefensa: protéxete & defende.
A.2.1.2. Activacións de incidencia e defensa a través de mensaxería instantánea para vítimas de odio e defensores/as de dereitos.
A.2.1.3. Asesoría permanente en acción e coordinación comunitaria ante os incidentes de odio.
RE 3.1. Incrementadas as capacidades e oportunidades de intervención na construción colectiva do discurso público e a transformación narrativa por parte dos colectivos diana de odio e odio vicario, especialmente no que se refire a persoas migrantes, racializadas e defensoras de dereitos.
A.3.1.1. Capacitacións transformadoras para defensores/as de dereitos e axentes barreira.
A.3.1.2. Aprendizaxe servizo para o achegamento, a innovación narrativa e a transformación dos valores.
A.3.1.3. Espazo de empoderamento migrante a través da intervención narrativa.
A.3.1.4. Arquivo da Memoria Migrante: solidificación dunha ferramenta para a intervención intercultural descentralizada:
RE 4.1. Creados novos dispositivos de achegamento e coñecemento mutuo específicamente segmentados para favorecer o contacto entre colectivos danados polas narrativas de odio e audiencias potencialmente persuasibles polas citadas narrativas de Galicia desde un enfoque retador en canto aos prexuízos e transformador en canto aos valores.
A.4.1.1. Espazos de encontro intercultural: intervencións narrativas na comunidade.
A.4.1.2. Intervencións narrativas en espazos educativos.
A.4.1.3. intervencións narrativas en espazos dixitais.
Directa: 1.554 persoas (560 homes, 794 mulleres, 98 nenos e 102 nenas)
Indirecta: 4.392 persoas (2.436 homes, 1.456 mulleres, 294 nenos e 206 nenas)
Xunta de Galicia: 46.999,07 € (18.799,63 € en 2026 e 28.199,44 € en 2027)