ODiSeIA: educación, participación e mobilización para reducir o impacto das narrativas discriminatorias e anti Axenda 2030
ODiSeIA é un proxecto que combate a polarización e o odio en Galicia mediante as historias e as tecnoloxías dixitais, empoderando ás persoas migrantes e defensoras de dereitos. Combina Realidade Virtual e Intelixencia Artificial para xerar narrativas positivas, fomentar a participación cidadá e reforzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Ademais, promove valores interculturais, formación en tecnoloxías innovadoras e a construción dunha sociedade máis xusta e inclusiva.
Xeral: Reducir a polarización que conduce ao escepticismo en torno a Axenda 2030, especialmente os ODS de inclusión e igualdade, e á ruptura da cohesión social.
Específico: Reducir, no prazo de dezaseis meses, os efectos que as narrativas discriminatorias (que interseccionan xenofobia, machismo e negacionismo anti Axenda 2030) causan aos grupos tradicionalmente oprimidos (especialmente migrantes), persoas defensoras de dereitos e audiencias ambivalentes, nas provincias de A Coruña e Pontevedra.
RE 1.1. Xerados novos datos que permiten coñecer o impacto que as narrativas discriminatorias e outras formas de odio e segregación teñen sobre persoas migrantes, racializadas, potenciais defensoras de dereitos e poboación xeral de Galicia.
A 1.1.1. Investigación sobre a representación das persoas migrantes e racializadas na comunicación.
A 1.1.2. Desenvolvemento e avaliación de tecnoloxías de IA para combater o discurso de odio e a discriminación nas RRSS.
RE 1.2. Aportadas novas oportunidades de participación e autodefensa fronte os danos directos da discriminación e o odio (racista, xenófobo, vicario) entre os colectivos agredidos, nas provincias de A Coruña e Pontevedra, ao longo de 16 meses e con vocación de autosostibilidade.
A 1.2.1. Encontros de debate e autodefensa.
A 1.2.3. Testeo e mellora de chatbot aliado fronte á discriminación e o odio.
A 1.2.4. Repositorio de ferramentas e set de recomendacións para a representación do colectivo migrante.
RE 1.3. Incrementada a capacidade proactiva de protagonismo e influencia na construción colectiva do discurso público e a transformación narrativa por parte dos colectivos agredidos, especialmente no que se refire a persoas migrantes, racializadas e defensoras de dereitos vítimas de odio vicario.
A 1.3.1. Laboratorio de poder narrativo: proceso de empoderamento migrante.
A 1.3.2. Arquivo da memoria migrante.
A 1.3.3. Capacitacións transformadoras para defensores/as de dereitos e axentes barreira.
RE 1.4. Incrementado o número de dispositivos de achegamento e coñecemento mutuo (entre colectivos danados polas narrativas discriminatorias e audiencias ambivalentes potencialmente persuadibles polas citadas narrativas de Galicia) desde un enfoque retador en canto aos prexuízos e transformador en canto aos valores.
A 1.4.1. Aprendizaxe servizo para o achegamento, a innovación narrativa e a transformación dos valores.
A 1.4.2. Plan de musealización popular e produción de proxectos experienciais.
A 1.4.3. Espazos de encontro intercultural: intervencións narrativas na comunidade.
Directa: 1364 (802 mulleres/nenas e 562 homes/nenos)
Indirecta: 4092 (2406 mulleres/nenas e 1686 homes/nenos)
46.879,65 € (18.751,86 € en 2025 e 28.127,79 € en 2026)