ODM 3 e 8 ´´Non hai xustiza sen igualdade´´ e ´´Un novo mundo, un proxecto común´´
Descrición: O proxecto, continuación doutros anteriores, púxose en marcha nun momento de vital importancia dado que faltan só dous anos para chegar ao prazo comprometido para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e resulta urxente e necesario que o debate sobre estes obxectivos estea máis presente na opinión pública. Deste xeito, o eixo central sobre o que se articula o proxecto, nas súas distintas fases, está constituído polos Obxectivos do Milenio centrándose, neste ano 2013, nos obxectivos número tres (Igualdade entre os xéneros) e oito (Fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento). Así, preténdese sensibilizar sobre a importancia de acadar as metas consensuadas a nivel internacional ao tempo que se busca xerar conciencias críticas, intentando facer a cada persoa responsable e activa a fin de constituír unha nova sociedade civil, tanto no Norte como no Sur, comprometida coa solidariedade.
Obxectivo Xeral: Fomentado entre a poboación galega un compromiso pola loita contra a fame, a defensa da igualdade de xénero e a erradicación da pobreza no mundo.
Obxectivo Específico: Sensibilizada á mocidade galega nos seus diversos espazos de relación acerca das desigualdades de xénero e a necesidade da participación social a través do coñecemento dos ODM.
Resultado 1.1: Xerado un proceso formativo e de debate sobre os ODM 3 e 8 entre a comunidade universitaria nos cursos 2012-2013 e 2013-2014.
Actividades:
A.1.1.1: Preparación e realización dun Curso de verán na USC.
A.1.1.2: Realización da novena e décima edición do Curso “Cine e Valores” na USC.
Resultado 1.2: Facilitados os coñecementos, actitudes e habilidades precisas para promover o traballo dos ODM 3 e 8 entre o alumnado de infantil, primaria e secundaria de toda Galicia.
Actividades:
A.1.2.1: Xornada de capacitación do voluntariado de Manos Unidas para a execución das actividades do proxecto.
A.1.2.2: Elaborar, imprimir e distribuír en galego os materiais educativos sobre os ODM 3 e 8 e sobre a Axenda Post-2015 dirixidos aos centros galegos de educación infantil, primaria e secundaria.
A.1.2.3: Celebración dun concurso de clipmetraxes entre os mozos e mozas de educación secundaria e Formación Profesional de Galicia.
A.1.2.4: Ciclo de contacontos nos centros educativos galegos.
Resultado 1.3: Promovidas accións de concienciación sobre a educación en valores e os ODM nos espazos da educación non formal das distintas cidades e vilas galegas.
Actividades:
A.1.3.1: Difusión da exposición interactiva "súper Pepo", das tres exposicións itinerantes sobre os ODM e edición e difusión da exposición "O mundo en feminino"
A.1.3.2: Ciclos de conferencias, charlas-coloquio e mesas redondas sobre economía social e realidades do Sur.
A.1.3.3: Celebración dun concurso de clipmetraxes dirixido á poboación xeral.
A.1.3.4: Realización dun certame de Graffitti, Break Dance e Rap.
A.1.3.5: Concerto de músicas do mundo sobre interculturalidade e xénero.
A.1.3.6: Dinamización de escaparates solidarios.
A.1.3.7: Difusión da Campaña en todas as parroquias galegas.
Directa: 366.000 (212.800 mulleres)
Indirecta: 532.000
27.750,00 (2013: 11.100,00 ; 2014: 16.650,00)