Proxectos

OS MONICREQUES COMO FERRAMENTA PARA TRABALLAR O DEREITO Á ALIMENTACIÓN NOS CENTROS ESCOLARES - ”BUSCANDO O SOL”

(OX) EDUCAR SOBRE A IMPORTANCIA DE RESPECTAR, PROTEXER E GARANTIR O DEREITO Á ALIMENTACIÓN DENDE A PERSPECTIVA DOS DEREITOS HUMANOS

(OE1) INVOLUCRAR AOS PROFESORES E PROFESORAS NA APLICACIÓN DA EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO COMO ÁREA TRANSVERSAL, TOMANDO COMO TEMA CENTRAL O DEREITO Á LIMENTACIÓN E APORTANDO DOCUMENTOS, MATERIAIS E TÉCNICAS ESPECÍFICAS

(OE2) REFLEXIONAR SOBRE AS CAUSAS DA FAME ESPERTANDO O SENSO CRÍTICO, E ESTIMULANDO O TRABALLO EN EQUIPO NOS NENOS/AS DE 9 A 12 ANOS.

(A1) FACILITAR INFORMACIÓN AOS CENTROS

(A2) CHAMAR AOS CENTROS PARA CONFIRMAR A RECEPCIÓN DA INFORMACIÓN

(A3) REALIZAR ENTREVISTAS PERSOAIS CO PROFESORADO INTERESADO

(A4) CONFIRMAR O NÚMERO DE RAPACES E RAPAZAS QUE PARTICIPARÁN

(A5) BUSCAR E RESERVAR UN ESPACIO PARA AS REPRESENTACIÓNS DE ”BUSCANDO O SOL”

(A6) XESTIONAR A ESTADÍA DA COMPAÑÍA DE TEATRO

(A7) PREPARAR E IMPRIMIR OS MATERIAIS PEDAGÓXICOS E DE PUBLICIDADE

(A8) ENTREGA DE ENQUISAS INICIAIS

(A9) RECOLLER AS ENQUISAS DE AVALIACIÓN INICIAIS, ANTERIORES Á PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NA CAMPAÑA

(A10) REPRESENTACIÓN DA OBRA

(A11) ENVIAR POR MENSAXERÍA AOS/ÁS MESTRES/AS  O KIT PEDAGÓXICO E AS ENQUISAS DE AVALIACIÓN FINAIS

(A12) RECOLLER AS ENQUISAS DE AVALIACIÓN POSTERIORES Á PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NA CAMPAÑA

(A13) REALIZAR ENTREVISTAS PERSOAIS COS/AS MESTRES/AS POSTERIORES AO TRABALLO NA AULA DE TODO O MATERIAL

BENEFICIARIOS/AS: PROFESORADO DE PRIMARIA E ALUMNOS/AS DE 9 A 12 ANOS

Ano: 
2005
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
VETERINARIOS SEN FRONTEIRAS - VETERMON
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Axudas: 

14.000.00 €