Outra Historia! - Oh!
O proxecto Outra Historia! - Oh! é unha iniciativa cuxa misión é a xeración dunha rede capacitada cun aparato organizado e materiais necesarios para propoñer novas interpretacións da sociedade intercultural. A clave do programa é capacitar a esas persoas como axentes de cambio, como activistas da rede, na xeración dunha narrativa alternativa común (traballando con ONGs, centros formativos, universidades e persoas do ámbito social). Deste xeito, dende a entidade propón: elaborar ferramentas e actividades de traballo sobre os diferentes enfoques da realidade e as narrativas alternativas; capacitar a persoas do eido social, educativo como Axentes de Transformación Social sobre o uso e creacións de Narrativas Alternativas, e realizar accións de difusión.
As accións deseñadas no presente proxecto están orientadas a formar a diferentes actores sociais, principalmente a activistas, axentes de cambio, mozos/as e persoas inmigrantes en estratexias de transformación narrativa da sociedade destinadas a combater o discurso do odio e as narrativas discriminatorias na internet, mellorando a convivencia cidadá e a cohesión social e preservando a diversidade e a multiculturalidade. Do mesmo xeito pretende formar unha Rede de persoas implicadas na defensa dos DDHH.
Este proxecto, lévase a cabo a nivel da Comunidade Autónoma de Galicia, traballando en colaboración con axentes clave para o seu correcto desenvolvemento (voluntariado, persoas usuarias) e con persoas pertencentes a outras asociacións ou entidade, que farán de axentes multiplicadores dos procesos. Tamén se realizarán actividades en centros educativos das provincias da Coruña e Pontevedra, principalmente.
Obxectivo xeral: Reducir nas redes sociais o discurso de odio xenófobo e discriminatorio contra as persoas estranxeiras ou racializadas.
Obxectivo específico: Aumentar a presenza de narrativas alternativas nas redes sociais en torno ás migracións e a diversidade.
RE 1.1: Elaboradas ferramentas e actividades de traballo sobre os diferentes enfoques da realidade e as narrativas alternativas.
A 1.1.1: Elaboración dunha Guía de Boas Prácticas no manexo de Narrativas Alternativas.
RE 1.2: Persoas capacitacións como Axentes de Transformación Social sobre o uso e creacións de Narrativas Alternativas.
A 1.2.1: Formación para persoal das entidades do proxecto.
A 1.2.2: Ciclos Formativos para Axentes de Cambio sobre Innovación Narrativa.
RE 1.3: Realizadas Accións de Difusión.
A 1.3.1: Difusión das narrativas alternativas creadas polos Axentes de cambio.
A 1.3.2: Acciones de sensibilización e difusión de propostas educativas.
A 1.3.3: Seguimento e medición de impacto das accións de difusión nas redes sociais das narrativas alternativas creadas polos Axentes de Cambio.
Directa: A poboación beneficiaria directa é un total de 615 persoas (198 homes e 417 mulleres), configuradas por mocidade, profesorado de centros educativos, axentes sociais e responsables de comunicación de entidades sociais, e persoas migrantes e/ou racializadas.
Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta é un total de 91.868 persoas (46.043 homes e 45.825 mulleres), configurada pola poboación estranxeira residente en Galicia susceptible de ataques e discurso do odio, persoas achegadas a cada unha das beneficiarias das accións de formacións e accións de intervención en narrativas alternativas ás redes sociais.
Axuda Xunta de Galicia: 27.607,44 € (2019:11.042,98 €; 2020:16.564,46 €)