Parcería para o apoio técnico á consolidación da administración rexional de augas do norte (Ara Norte). Mozambique
A presente proposta pretende mellorar de xeito medible ata o ano 2014 a realización das atribucións e competencias do ARA Norte, establecidas no seu estatuto orgánico, para o cumprimento do seu obxectivo de protección, desenvolvemento e xestión integrada e participativa dos recursos hídricos. Así, as áreas seleccionadas de actuación se concentran no monitorio deses recursos hídricos; a avaliación das infraestruturas hidráulicas; e na xestión ambiental, planificación e control do dominio público hídrico, liderando a participación e involucramento dos actores de interese.
Dirección Nacional de Augas (DNA) - ARA- Norte
Obxectivo Estratéxico: Garantir o desenvolvemento da xestión dos recursos hídricos e das infraestruturas hidráulicas en Mozambique, contribuíndo á redución da pobreza da poboación, mellorando a realización das atribucións do ARA Norte, establecidas no seu estatuto orgánico, nas concas hidrográficas internas de Montepuez, Messalo, Megaruma.
Resultado 1.1.: Aumentar e sistematizar o coñecemento dos recursos hídricos, demandas e riscos nas concas internas na rexión Norte do país, en coordinación co resto de intervencións no sector.
Actividades:
A.1.1.: Recompilar a información dos recursos hídricos, ecolóxicos e socioeconómicos nas concas internas.
A.1.2.: Levantamento de usos, demandas, riscos e infraestruturas hidráulicas.
A.1.3.: Diagnóstico da rede de monitoreo.
A.1.4.: Validar e completar a información recollida cos actores de interese.
A.1.5.: Elaborar e editar a monografía SIG.
A.1.6.: Elaborar e aprobar o Manual PeGIH.
A.1.7.: Elaborar a proposta de actualización da rede de monitoreo.
A.1.8.: Crear o banco de datos SIG.
A.1.9.: Executar a ampliación da rede de monitoreo.
A.1.10.: Presentación da monografía SIG.
Resultado 1.2.: Aumento das capacidades do ARA- Norte para avaliación, monitoreo, planificación e xestión de recursos hídricos, e outras necesarias para o desempeño das súas atribucións.
Actividades:
A.2.1.: Diagnóstico de capacidades do ARA-Norte e programa formativo.
A.2.2.: Asistencia técnica ao ARA-Norte.
A.2.3.: Formación técnica especializada na sede do beneficiario.
A.2.4.: Estadías de formación práctica na sede de Augas de Galicia.
A.2.5.: Formación para a administración e o control do DPH na sede do beneficiario.
Resultado 1.3.: Elaborado por ARA Norte un plan de xestión operacional dos recursos hídricos (GORH).
Actividades:
A.3.1.: Creación e términos de referencia do Comité de Coordinación, Seguimento e avaliación.
A.3.2.: Reunións de Coordinación, Seguimento e Avaliación polo CCSA.
A.3.3.: Análise dos procedementos para Administración e Control do DPH.
A.3.4.: Elaborar o Plano de GORH do ARA-Norte nas internas.
A.3.5.: Actividades formativas dos diferentes actores de interese.
A.3.6.: Seminarios participativos para validar e divulgar o Plano de GORH.
Resultado 1.4.: O ARA- Norte aproba o seu Plan de acción - esquema de accións importantes (PA- ETI) para a creación dos plans e comités das concas Montepuez, Messalo, Megaruma e Orla Marítima.
Actividades:
A.4.1.: Identificación e diagnóstico dos actores de interese nas concas internas.
A.4.2.: Revisión do grao de implementación da Lei de Augas e da ENGRH.
A.4.3.: Elaborar o PA-ETI en coordinación cos actores de interese.
A.4.4.: Campaña de divulgación do PA-ETI.
138.000,00 (2012: 50.000,00; 2013: 50.000,00; 2014: 38.000,00)