Proxectos

People & Planet: un destino común

O presente proxecto pretende concienciar as mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable. A iniciativa, que botou a andar en novembro de 2020 e se prolongará durante catro anos, busca tamén reforzar os gobernos municipais na promoción de políticas públicas a prol do desenvolvemento sostible, tendo en conta a interdependencia local-global. No marco da Axenda 2030, a través de ‘People & Planet’ os concellos socios do Fondo Galego teñen a oportunidade de implementar numerosas actividades. Concretamente, serán 50 os concellos os que desenvolvan actividades no marco do presente proxecto.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FOGACOSOL - FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
Obxectivos: 

Concienciar as mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable; así como reforzar aos gobernos municipais na promoción de políticas públicas a prol do desenvolvemento sostible, tendo en conta a interdependencia local-global.

Resultados e actividades: 

A1.1. Accións de rúa.

A1.2. Obradoiros de cociña: cambio climático no prato.

A1.3. Consellos municipais climáticos asesores xuvenís.

A1.4. Formacións “Todos os ODS son locais”.

A1.5.  Exposición de realidade aumentada.

A1.6. Elaboración e distribución de axendas para o ano 2024.

A1.7. Certame de murais.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 9.490 €