Proxectos

PLAN DE APOIO Á FORMACIÓN PROFESIONAL DOS PESCADORES ARTESANAIS EN CENTROAMÉRICA

Promocionar unha explotación sostible dos recursos naturais que sirva como unha aportación ao desenvolvemento humano das poboacións que teñen na pesca e na acuicultura un medio de subsistencia (países de actuación: Belice, O Salvador, Costa Rica, Honduras, Nicaragua, Panamá e Guatemala)

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
BELICE
COSTA RICA
PANAMÁ
NICARAGUA
GUATEMALA
HONDURAS
O SALVADOR
Axentes: 
FUNDACIÓN CETMAR
Contraparte: 

OSPESCA

Obxectivos: 

As liñas do Plan de Formación, enmarcado no Programa de Cooperación Rexional con Centroamérica (PCRC) desenvolvido conxuntamente pola Xunta de Galicia e a AECI, son:
1. Apoiar o desenvolvemento normativo e o fortalecemento institucional do sector a nivel rexional
2. O desenvolvemento das actividades pesqueiras sostibles mediante a capacitación e asistencia técnica aos grupos tradicionalmente menos atendidos
3. Protección do medio ambiente e o apoio á investigación sobre a diversidade mariña
4. Impulsar a comercialización e o consumo, como medios para que o sector pesqueiro se impoña como motor de desenvolvemento

Resultados e actividades: 

O proxecto consiste no deseño e implantación dun Plan de Formación para o sector da Pesca Artesanal en Honduras, Guatemala, El Salvador, Belice, Nicaragua, Panamá e Costa Rica. Desenvólvese en tres niveis en función do grupo ao que vai dirixido:
1. Formación destinado ao persoal técnico responsable das administracións competentes no ordenación e regulación do sector pesqueiro (explotación, comercialización e consumo dos produtos pesqueiros). Deseñarase un programa formativo que consolide e incremente a capacidade institucional para a elaboración e implementación dunha normativa pesqueira acorde á explotación sostible. O programa consistirá na realización de polo menos dous cursos específicos levados a cabo nun centro de formación centroamericano
2. Formación de formadoras e formadores. Impartiranse cursos específicos para incrementar os coñecementos e as capacidades de formadoras e formadores seleccionados pertencentes aos sete países. Preténdese reforzar a capacidade formativa para que as formadoras e formadores acaden os coñecementos suficientes nas distintas materias para poder transmitirllos ás pescadoras e pescadores e ao resto de axentes do sector produtivo pesqueiro artesanal. Impartiranse dous cursos específicos levados a cabo nun centro de formación centroamericana impartidos por persoal técnico especializado en formación pesqueira
3. Formación destinada ás comunidades pesqueiras artesanais. Consiste nun programa formativo destinado a incrementar as capacidades e coñecementos dos integrantes do sector pesqueiro artesanal (extractores, recolectores, procesadores, comercializadores...) dos sete países centroamericanos. Esta formación contribuirá a lograr a profesionalización e o recoñecemento social da actividade pesqueira artesanal, de xeito que as persoas que exercen esta actividade pesqueira artesanal vexan valorado o seu traballo e poidan vivir dignamente. Este programa formativo consta de tres módulos ou áreas temáticas:
a) Módulo básico. Orientado a formar á pescadora e pescador en materias relacionadas coa prevención dos riscos que supón a súa actividade e capacitalo para establecer medidas de control, prevención e corrección
b) Módulo pesca artesanal. Capacitar á pescadora e pescador artesanal en novas técnicas de pesca e uso de artes e aparellos de pesca específicos
c) Módulo de comercialización dos produtos pesqueiros e xestión empresarial. O obxectivo é formar ao persoal implicado na cadea de comercialización dos produtos da pesca en boas prácticas de manipulación  e hixiene de alimentos, e capacitalos para afrontar novos retos na comercialización de produtos pesqueiros

Poboación beneficiaria: 

Persoal técnico das administracións dos sete países e as comunidades pesqueiras artesanais.

Axudas: 

842000