Proxectos

PLAN DE DESENVOLVEMENTO INTEGRAL MINA NORTE

Mellorar a seguridade fronte a desastres naturais  

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Zona de actuación: 
Santo Domingo (provincia)
Santo Domingo Este (municipio)
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Contraparte: 

ASOCIACIÓN TÚ, MUJER INC.

Código CRS: 
43030 - Desenvolvemento e xestión urbanos
Obxectivos: 

Mellora da seguridade fronte a desastres naturais dos 11.250 habitantes dos barrios de Vietnam, La Barquita y Katanga, facendo especial énfase na situación da muller e na prevención da violencia de xénero no sector dos Mina Norte de Santo Domingo Este, na República Dominicana

Resultados e actividades: 

 - Realización de 10 talleres dirixidos ás 60 promotoras que conforman a rede de promotoras dos barrios de La Barquita, Katanga e Vietnam do sector Los Mina Norte de Santo Domingo
- Coordinación, planificación (inclúe a edición de materiais) e realización de 8.640 visitas domiciliarias e180 charlas educativas sobre prevención da violencia dos barrios de Vietnam, La Barquita e Katanga, do sector Los Mina Norte de Santo Domingo
- Posta en marcha dun servizo de orientación legal e acompañamento para mulleres dos barrios de Vietnam, La Barquita e Katanga do sector dos Mina Norte de Santo Domingo
- Creación dun fondo de crédito de 20.000 euros, selección das beneficiarias, entrega e xestión dos micro-créditos
- Realización de 6 talleres de xestión empresarial para microempresarias
- Realización de 8 talleres sobre Desenvolvemento Persoal e Plan de Vida e selección das beneficiarias que participarán nos cursos de formación técnico-laboral
- Realización de 4 cursos de formación técnico- profesional dirixidas a 80 mulleres
- Creación e capacitación dos 6 núcleos de pobladores integrados por 7 persoas cada un e organización de traballo voluntario

Poboación beneficiaria: 

Directa: O proxecto atenderá a un total de 2500 familias integradas por un total de 11.250 persoas (5.715 mulleres e 5.335 homes)

Axudas: 

148000