PLAN DE MELLORA CURRICULAR, DOTACIÓN DE EQUIPAMENTO E SISTEMA DE INSERCIÓN LABORAL DO CENTRO XUVENIL PADRE SIERRA – BOS AIRES
OBXECTIVOS
O Obxectivo Xeral do Proxecto é o de contribuír á consolidación do Centro Xuvenil Padre Sierra como centro de referencia na formación profesional e en valores de cidadanía dos xoves en risco de exclusión da Villa 21-24, así como implementar un modelo de inserción laboral das mozas e mozos formados como porta de entreada ao seu proxeso de inserción social.
ACCIÓNS
- Deseño e implantación dun modelo participativo alumnado-profesorado para a xestión da prevención de riscos laborais
- Elaboración dun manual de prevención de riscos laborais adaptado ás necesidades do centro
- Elaboración de materiais formativos adaptados ás características do alumnado para a formación en higiene, seguridade e prevención
- Impartición dun curso de prevención de riscos laborais
- Análise e incorporación ao deseño curricular existente das melloras necesarias na programación, partindo do exame comparativo do sistema de cualificacións e certificacións de profesionalidade de Galicia, adaptándoo ás necesidades do centro e ás esixencias do mercado laboral argentino
- Desenvolvemento de obradoiros de formación de formadores
- Posta en marcha dun módulo experimental, no último trimestre de 2006, para realizar axustes na metodología
- Deseño dun modelo de inserción laboral para os oficios seleccionados e obxecto do Plan de Mellora da Capacitación descrito, que contemple o traballo por conta allea e por conta propia
POBOACIÓN BENEFICIARIA
- Directas: 600 alumnas e alumnos do Centro Padre Daniel de la Sierra
52.826,72 EUROS