Proxectos

PLAN DE PROMOCIÓN DO TECIDO ASOCIATIVO DE 4 INICIATIVAS DE ECONOMÍA SOLIDARIA EN MATERIA PESQUEIRA CON ÉNFASE NO ESTABLECEMENTO DUN PLAN DE EXTRACCIÓN SOSTIBLE E PROMOCIÓN DO MEDIO

Mellorar as condicións de vida de 480 familias do municipio de Tecoluca, departamento de San Vicente, O Salvador

 

   

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
O SALVADOR
Zona de actuación: 
Tecolula (municipio)
San Vicente (departamento)
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Contraparte: 

ASOCIACIÓN FUNDACIÓN PARA A COOPERACIÓN E O DESENVOLVEMENTO COMUNAL DE O SALVADOR

Código CRS: 
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
Obxectivos: 

Contribuir á mellora das condicións económicas, medioambientais e organizativas de 1.854 persoas, 961 homes e 893 mulleres de 7 comunidades rurais do municipio de Tecoluca 

Resultados e actividades: 

- Elaboración dos materiais de formación, capacitación e sensibilización
- Xestión dos trámites para a legalización e constitución das cooperativas
- Xornadas de capacitación a cadros directivos
- Xornadas de capacitación a pescadoras e pescadores artesanais sobre normas legais e ecoloxía costeira
- Xornadas de capacitacións de pescadoras e pescadores sobre seguridade laboral e primeiros auxilios
- Compra de equipos e apeiros de pesca
- Dotar de equipos e apeiros de pesca a catro iniciativas empresariais
- Firma de convenios con iniciativas rurais de economía solidaria para o procedemento de transferencia
- Xornadas de capacitación para desenvolver habilidades empresariais aos corpos directivos
- Selección de mulleres para a rede de comercialización
- Creación do comité asesor COAL
- Descrición e zonificación do bosque salgado
- Avaliación preliminar do ecosistema dos recursos costeiro marino: praia, bosque de transición, canais e esteiro
-Xornadas de capacitación a recolectores de ovos de tartaruga mariña
- Instalación dun corral para a recuperación da tartaruga mariña

Poboación beneficiaria: 

Directa: 490 persoas das socias e socios pertencentes a 4 iniciativas rurais de economía solidaria dedicadas á pesca artesanal e 530 alumnas e alumnos  de 5 centros escolares e 10 mulleres comercializadoras de peixe
Indirecta: 1854 persoas pertencentes ás 480 familias que habitan as 7 comunidades nas que se traballará

Axudas: 

119710