PLAN DE PROMOCIÓN DO TECIDO ASOCIATIVO DE 5 INICIATIVAS DE ECONOMÍA SOLIDARIA EN MATERIA PESQUEIRA, CON ESPECIAL ÉNFASE NO ESTABLECEMENTO DUN PLAN DE EXTRACCIÓN SOSTIBLE E A PROMOCIÓN DO MEDIO. FASE II.
Mellora das condicións de vida de 624 familias do municipio de Tecoluca, Departamento de San Vicente, e dos municipios de San Luís La Herradura e Zacatecoluca, Departamento da Paz, O Salvador
Asociación Fundación para la Cooperación y el Desarrollo Comunal de O Salvador
Contribuír á mellora das condicións económicas, ambientais e organizativas de 2.209 persoas, 1.096 mulleres e 1.113 homes, de 8 comunidades rurais da desembocadura do Baixo Lempa, do municipio de Tecoluca, Departamento de San Vicente, e dos municipios de San Luís La Herradura e Zacatecoluca, Departamento da Paz, O Salvador
-Conformación do equipo de traballo do proxecto
-Elaboración dos materiais de formación, capacitación e sensibilización
-Xornadas de formación Módulo II Pesca Artesanal PROFOPAC. De formación Módulo I Básico PROFOPAC. Sobre institucionalidad e lexislación ambiental, pesqueira e acuicultura, dinámicas de poboacións pesqueiras e contaminación da zona costeiro mariña. De capacitación aos corpos directivos
-Selección de mulleres para a ampliación da rede de comercialización
-Xornadas de formación sobre manipulación de produtos pesqueiros. Xornadas de capacitación sobre xestión económica básica
-Participación en feiras locais
-Xornadas de discusión para a definición da forma de organización empresarial
-Elaboración de plans contables e firma do acta de constitución da empresa. Elaboración do Manual de Organización e Funcións da planta, Manual de Calidade e Plan de Mercadeo
-Construción da planta de procesamiento de peixe e instalación do equipo de produción de xeo
-Xestión de trámites para a obtención de permisos de funcionamento
-Avaliación sobre vida silvestre asociada ao ecosistema costeiro mariño
-Plan de aproveitamento sostible dos recursos biolóxicos costeiro mariño da desembocadura do río Lempa
-Realización de reunións de seguimento e estudo
-Reunións con persoal do Ministerio de Medio e Recursos Naturais do Salvador para a validación dos estudos
-Publicación dos estudos
-Xornadas de sensibilización en centros escolares. E concurso de debuxo en centros escolares
-Xornadas de limpeza nas praias da desembocadura do río Lempa
-Xornadas de capacitación dirixida a recolectores e recolectoras de ovos de tartaruga. E seguimento ao funcionamento do curral para a recuperación de poboación de tartaruga mariña
Directa: 1.230 persoas: socias e socios pertencentes a 5 iniciativas rurais de economía solidaria dedicadas á pesca artesanal e as súas familias, 36 socias e 101 socios, un total de 137 familias (685 persoas), 15 mulleres que forman a Rede de Comercialización de peixe fresco e 530 alumnas e alumnos (241 nenas e 289 nenos) de 5 centros escolares.
Indirecta: 2.209 Persoas (1.096 mulleres, 49,62% e 1.113 homes, 50,38%), pertencentes ás 624 familias que habitan as 8 comunidades nas que se traballará, das que 144 familias (30%) teñen como responsable do fogar a mulleres e en 336 familias (70%) os seus responsables son homes.
Axuda: 174.789,00€