Plan de resposta educativa COVID-19: Programa de alimentación escolar no municipio Libertador de Distrito Capital, Venezuela. 2020
O proxecto “Plan de Resposta Educativa COVID-19: Programa de Alimentación Escolar no Municipio Libertador de Distrito Capital, Venezuela. 2020”, pretende mitigar os efectos do COVID-19 e impulsar as medidas de prevención de transmisión do virus. Diríxese á poboación infantil máis vulnerable, apoiando a continuidade das aprendizaxes desde o fogar, asegurando a comunicación e difusión de mensaxes clave de prevención, saúde e apoio psicosocial, así como tamén velar pola continuidade dos programas de alimentación escolar en modalidades acordes aos estándares de hixiene e protección. Igualmente, o programa educativo inclúe accións para a recuperación escolar no momento de reapertura das escolas.
Desta forma, o proxecto pretende a asistencia de 583 familias de nenos e nenas de escolas públicas do Municipio Libertador (Distrito Capital de Caracas) a través da subministración de bolsas de comida quincenais como complemento alimentario e kits de hixiene para a prevención do COVID-19.
Contribuír á asistencia de 583 familias de nenos e nenas de escolas públicas do Municipio Libertador (Distrito Capital de Caracas) a través do subministro de bolsas de comida quinquenais como complemento alimentario e kits de hixiene para a prevención do COVID-19.
RE 1.1: 583 familias de zonas vulnerables do Distrito Capital benefícianse de programas de complemento alimentario.
A 1.1.1 Compra e preparación quinquenal de bolsas de alimentos.
A 1.1.2 Distribución de bolsas de alimentos ás familias con estándares de hixiene e protección.
A 1.1.3 Control e seguimento de subministros distribuídos.
RE 1.2: 583 familias benefícianse de Kits de hixiene e material para a prevención e protección ante o COVID-19.
A 1.2.1 Compra e preparación dos kits de hixiene para as familias.
A 1.2.2 Deseño de material informativo para a difusión de hábitos de hixiene no fogar.
A 1.2.3 Distribución de kits de hixiene e material informativo con estándares de protección.
A 1.2.4 Control e seguimento de suministros distribuídos.
583 familias
Axuda Xunta de Galicia: 100.000,00 € (2020)