PLAN DE SENSIBILIZACIÓN 2010: UNHA REDE DO SÉCULO XXI
En 12 anos de vida o Fogacosol pasou de 10 concellos iniciais aos 102 socios actuais, que representan máis dun 70% da poboación galega. Pese a todo, a actual crise económica supón un desafío adicional para as entidades locais, con moitas competencias e poucos recursos, que poden encontrar maiores dificultades para explicar ás súas cidadanías a necesidade de continuar a traballar na cooperación para o desenvolvemento dos países que máis o precisan.
Tendo en conta esta complexa problemática e seguindo as conclusións das V Xornadas Anuais de Cooperación e as súas Liñas Estratéxicas 2007-2011, o Fogacosol configura un plan que quere sistematizar e mellorar, cuantitativa e cualitativamente, a súa comunicación, e á súa vez, amplificar a posibilidade dos concellos e deputacións socios de facer micro-campañas de educación ao desenvolvemento. Finalmente, reforzar a organización, estimular os técnicos e políticos dos asociados e xerar un lobby cooperante galego na Administración Local é parte deste plan.
Período de execución:
- Data de inicio:1/1/2010
- Data de finalización:31/12/2010
Sensibilizar as cidadanías das entidades locais asociadas e a cidadanía galega en xeral.
1- Actividades de sensibilización social e educación para o desenvolvemento entre as entidades socias: exposicións itinerantes, seminario permanente Fondo Galego-Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, actuacións do espectáculo de contacontos “Tropa de Trapo"
2- Visibilizar nas entidades socias e na sociedade galega en xeral, o traballo do Fondo en particular, e da cooperación municipalista galega, en xeral: externalización da comunicación, deseño, produción e mantemento dun novo web 2.0., visitas ao Norte, elaboración, deseño, impresión e difusión de memorias 2009 do Fondo Galego, realización e distribución de 6 números do IAF (publicación bi-mensual sobre o traballo do Fondo Galego.)
3- Realizar as Redes Municipalistas Solidarias (RMS).
4- Realizar o programa Vacacións con Traballo (2010-2011).
5- Realizar VI Xornadas Anuais de Cooperación do Fondo Galego.
6- Poñer a disposición das entidades socias e todos os seus traballadores/as e os actores do sistema galego de cooperación o fondo documental da cooperación municipalista galega.
- Directa: persoal político e técnico que representa á asociación municipalista en cada unha das entidades socias (101 en xaneiro de 2010): 101 políticos/as e 101 técnicos/as.
- Indirecta: a todo o persoal técnico e político destas mesmas entidades, especialmente con actividades como Vacacións con Traballo.
Tamén a comunidade educativa galega, o tecido asociativo galego, ONGD, comunidade inmigrante, entidades locais non socias, comunidade universitaria, sindicatos e a poboación xeral.
60.000,00 euros