Proxectos

Plan de sensibilización 2014: Os Obxectivos do Milenio: fin… e principio

O presente proxecto pretende ser un Plan de fortalecemento institucional, sensibilización social e comunicación do Fondo Galego durante o 2014 (Plan 2014). As actividades que se engloban no Plan 2014, son continuadoras do traballo histórico desenvolvido na área de sensibilización entre o Fondo e a Xunta nos últimos 13 anos e especificamente das formulacións de convenios de 2010, 2011 e 2012. o Plan 2014 implementará actividades en forma de exposicións, charlas, obradoiros, aulas maxistrais, ciclos de cine, espectáculos de contacontos, Vacacións con Traballo ou o concurso fotográfico: Imaxes con Fondo.

 

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FOGACOSOL - FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Fortalecida desde o local, a sensibilización da sociedade galega en torno á cooperación para o desenvolvemento.
Obxectivo específico: Promovidas unhas entidades locais máis activas na solidariedade internacional.

 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Reforzada a rede humana e organizativa-institucional do Fondo Galego.
Actividades

A.1.1: Redes Municipalistas Solidarias (RMS)..
A.1.2: IX Edición Vacacións con Traballo
A.1.3: II Edición do Concurso Imaxes con Fondo
A.1.4: IX Edición Xornadas de cooperación
A.1.5: Fondo Documental da cooperación municipalista galega

Resultado 1.2: Xeradas actividades de Sensibilización social e Educación para o Desenvolvemento entre as Entidades socias.
Actividades
A.2.1: Mobilizar as Exposicións e os recursos educativos itinerantes
A.2.2: Ciclos de cine con Fondo
A.2.3: Xira da Tropa de Trapo
A.2.4: Master Classes e Obradoiros en fotografía social: Imaxes con Fondo
A.2.5: Difusión en Galicia do día internacional contra a pobreza

Resultado 1. 3: Visibilizadas nas Entidades socias e na sociedade galega en xeral, o traballo do Fondo Galego en particular, e da cooperación municipalista galega, en xeral.
Actividades
A.3.1: Externalización da comunicación
A.3.2: Mantemento do web
A.3.3: Memoria 2013: De Galicia a Cabo Verde
A.3.4: IAF’s dixitais, publicación cuatrimestral do Fondo Galego
A.3.5: Encontros dixitais #Alén2015

 

Poboación beneficiaria: 

Directa: persoal político e técnico que representa á asociación municipalista en cada unha das entidades socias: 89 políticos/as e 89 técnicos/as.
Indirecta: De modo indirecto, diríxese tamén a todo o persoal técnico e político destas mesmas entidades e, ademais, se poden identificar outros grupos de público que poderá beneficiarse destas accións e recursos en calquera punto do territorio do Fondo en función da vontade das entidades socias: Comunidade educativa galega; Tecido asociativo galego; Organizacións Non Gobernamentais de Desenvolvemento; Comunidade inmigrante; Entidades locais non socias; Comunidade universitaria; Sindicatos; Poboación xeral.
 

Axudas: 

40.000,00 € (2014)