Proxectos

PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA E DESENVOLVEMENTO ORGANIZATIVO DE ANTA

Contribuír á mellora das condicións de vida-laborais da poboación campesiña no Salvador

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
O SALVADOR
Zona de actuación: 
Sen determinar - O Salvador
Axentes: 
INSTITUTO SINDICAL DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (ISCOD)
Contraparte: 

Asociación Nacional de Trabajadores Agropecuarios-ANTA

Código CRS: 
15110 - Política / planificación económica e do desenvolvemento
15150 - Fortalecemento sociedade civil
Obxectivos: 

Fortalecer a capacidade estratéxica e organizativa de ANTA para a recuperación do seu poder de negociación e incidencia

Resultados e actividades: 

-Seleccionar ás formadoras e formadores.
-Elaboración de plan de formación e de materiais.
-Desenvolvemento dos talleres formativos.
Elaborar breve memoria das xornadas de capacitación.
-Avaliar as accións formativas ao finalizar cada módulo.
-Desenvolvemento de visitas a posibles novas comunidades e presentar bitácora.
-Asesorar ás estruturas de base para a mellora da organización e funcionamento por parte das dirixencias nacional e departamental con presentación de informe mensual.
-Realizaranse talleres nos que participará o equipo técnico e político de ANTA para a elaboración do Plan Estratéxico da organización do que sairán os plans de traballo anuais.
-Realizarase un boletín/díptico Informativo/educativo sobre dereitos das traballadoras e traballadores, obrigacións dos patróns (de acordo á lexislación aplicable nacional e internacional), e resultados da xestión de ANTA que se repartirá nas comunidades e cooperativas.
-Campañas de tempada: Zafra nov-feb, Café oct-dic, Algodón oct-feb.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Formaranse nesta primeira fase 42 lideresas e líderes departamentais e nacionais, 75 das bases que multiplicarán os seus coñecementos nas respectivas comunidades e 12 do equipo técnico. Estas persoas posúen formación media ou universitaria, pero de extracción campesiña tamén. En total, 129 persoas con gran capacidade multiplicadora.
Indirecta: Toda a poboación traballadora do sector agropecuario, organizada ou non, xa que a través do fortalecemento das organizacións representantes demandaranse melloras para o sector.

Axudas: 

94044