Proxectos

A poboación do Posto Administrativo de Infulene mellora o acceso e o coñecemento a servizos públicos de calidade de Saúde Sexual e Reprodutiva (SSR) no contexto da pandemia de COVID-19. Mozambique

Esta intervención pretende mellorar o exercicio dos dereitos de saúde sexual e reprodutiva (DSSR) das mulleres e adolescentes do distrito de Matola. Trátase dun proxecto que continúa unha linea de acción iniciada en 2011 por Médicos do Mundo nesta zona de Mozambique para abordar as diversas problemáticas en materia de saúde sexual e reprodutiva (violencia de xénero; planificación familiar; saúde de adolescentes...). En concreto, un dos principais obxectivos consiste no fortalecemento do sector público de saúde de Matola para que poida prestar eficazmente os seus coidados e a atención necesaria en materia de Saúde Sexual e Reprodutiva mediante a mellora das capacidades do persoal de saúde e a aproximación ao dereito á saúde dunha maneira comunitaria e desde o enfoque de xénero, a interseccionalidade e a diversidade cultural.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Maputo (provincia)
Matola
Axentes: 
MÉDICOS DO MUNDO GALICIA
Contraparte: 

- Servizo Distrital de Saúde, Muller e Acción Social (SDSMAS) de Matola.

- Associação Comunitária para o Desenvolvimento da Mulher (ACODEMU)

- Associação Jovem para Jovem (AJPJ).

Código CRS: 
12230 - Infraestrutura sanitaria básica
12261 - Educación sanitaria
12281 - Formación persoal sanitario
13020 - Atención saúde reprodutiva
13030 - Planificación familiar
13081 - Formación de persoal para poboación e saúde reprodutiva
Obxectivos: 

Xeral: Mellorar o exercicio dos dereitos de saúde sexual e reprodutiva nas mulleres e adolescentes do distrito de Matola.

Específico: Fortalecemento do sector público de saúde de Matola para a prestación de servizos e coidados de SSR a través da mellora das capacidades do persoal sanitario e a abordaxe comunitaria desde o enfoque de xénero e antropolóxico e o dereito á saúde.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Fortalecidas as capacidades das unidades sanitarias do posto administrativo de Infulene, incluído o seu persoal na área de prestación de servizos de SSR.

  • A.1.1.1. Apoio técnico e loxístico para a realización dun curso de formación completa para 30 técnicos/as das US de Matola.
  • A.1.1.2. Adquisición de anticonceptivos e subministracións médicas cirúrxicas para os servizos de SSR das unidades sanitarias do distrito de Matola.
  • A.1.1.3. Impresión e distribución de protocolos e fluxogramas de tratamento nos servizos de SSR (SMI e SAAJ).
  • A.1.1.4. Apoio técnico e loxístico para a realización de visitas trimestrais de supervisión e apoio técnico ao SDSMAS para a correcta aplicación dos protocolos de SSR.
  • A.1.1.5. Elaboración dunha listaxe de recomendacións para a área de SSR en base ás conclusións das vistas de supervisión.
  • A.1.1.6. Apoio loxístico a 12 saídas da brigada móbil do SDSMAS de Matola para prestar atención a necesidades vinculadas coa saúde sexual reprodutiva, con especial foco na planificación familiar.
  • A.1.1.7. Apoiar técnica e logísticamente a realización de encontros trimestrais para a análise de datos estatísticos do programa de SMI/PF e o SAAJ entre o SDSMAS e as unidades sanitarias.
  • A.1.1.8. Colaboración cos técnicos/as do SDSMAS na elaboración do programa da planificación e asistencia aos exercicios de planificación provincial e de balance do PES.

RE 1.2. A poboación do posto administrativo de Infulene é fortalecida e informada sobre DSSR e a dispoñibilidade de servizos.

  • A.1.2.1. Colaboración cos técnicos/as do SDSMAS na elaboración do programa da planificación e asistencia aos exercicios de planificación provincial e de balance do PES.
  • A.1.2.2. Realizar un módulo de formación para 20 activistas comunitarios/as do Posto Administrativo de Infulene sobre DSSR.
  • A.1.2.3. Realización de actividades de sensibilización en espazos comunitarios e unidades sanitarias sobre DSSR.
  • A.1.2.4. Realizar unha campaña de difusión sobre a dispoñibilidade de servizos de SSR a través de medios de comunicación.
  • A.1.2.5. Identificación e derivación de mulleres aos correspondentes servizos de SSR das unidades sanitarias do posto administrativo de Infulene.
  • A.1.2.6. Dotar de equipos de PCI aos/ás activistas para o desenvolvemento das charlas de sensibilización en espazos comunitarios.
  • A.1.2.7. Deseño e difusión de carteis e folletos informativos sobre os servizos de SSR no distrito de Matola.
  • A.1.2.8. Realizar encontros de seguimento e coordinación trimestrais entre os/as activistas comunitarios/as, as US e o SDSMAS.
  • A.1.2.9. Realizar unha avaliación final dos coñecementos adquiridos e as actividades realizadas polos/as activistas.

RE 1.3. Reforzado o papel da mocidade no exercicio dos dereitos sexuais e reprodutivos.

  • A.1.3.1. Apoio loxístico ao programa de saúde escolar para realizar brigadas móbiles nas escolas secundarias de Matola para asesoramento e cribado [MD19][CM20] en VIH/ITS, PF e inmunización.
  • A.1.3.2. Deseño e produción de polo menos 5 vídeos de sensibilización sobre DSSR.
  • A.1.3.3. Realizar unha campaña de sensibilización comunitaria dirixida a mozos e adolescentes nas redes sociais sobre DSSR.
  • A.1.3.4. Selección e formación de 15 mozos activistas [MD21][CM22] comunitarios/as para a realización de obras de micro teatro sobre DSSR no Posto Administrativo de Infulene (con enfoque antropolóxico, de idade e de xénero).
  • A.1.3.5. Representación de obras teatrais (micro teatro) sobre DSSR nos barrios do Posto Administrativo de Infulene e nas escolas secundarias (con enfoque antropolóxico, de idade e de xénero).
  • A.1.3.6. Identificación e derivación de mozos e adolescentes aos servizos de SAAAJ de mozos na comunidade.
Poboación beneficiaria: 

Directa: 40.795 (21.754 homes; 19.041 mulleres).

Indirecta: 1.032.197 (495.259 homes; 536.938 mulleres).

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

 Axuda Xunta de Galicia:  175.000 € (2021: 70.000 €; 2022: 105.000 €).