Proxectos

Ponte na súa pel: mellora da saúde dermatolóxica e mental das persoas con albinismo de Ruanda

Este proxecto piloto integral en Rutsiro e Bugesera inclúe a formación de persoal sanitario local rural e a realización de consultas dermatolóxicas individuais regulares para as persoas con albinismo dos devanditos distritos con distribución de materiais de fotoprotección. Lideradas polas devanditas persoas traballadoras nos seus lugares de traballo diarios. Así mesmo, propóñense sesións grupais bianuais psicosociais e de sensibilización, así como a realización de programas de radio baseados en DDHH e enfoque de xénero, para o empoderamento e a inclusión das persoas con albinismo neses distritos.

Nesta rexión africana, as persoas con albinismo enfrontan unha realidade marcada pola exclusión, o estigma e un alto risco de cancro de pel. Documentáronse 735 ataques contra estas persoas —incluídos 249 asasinatos—, o que evidencia a gravidade da súa situación. En Ruanda, a situación é especialmente crítica para elas: viven en condicións socioeconómicas extremadamente precarias, con escasas oportunidades e unha profunda falta de protección social.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Microproxectos
Rexión: 
África
País: 
RUANDA
Zona de actuación: 
Bugesera
Rutsiro
Axentes: 
Beyond Suncare
Contraparte: 

Health Alert Organisation (HAO)

Código CRS: 
12220 - Atención sanitaria básica
Obxectivos: 

Xeral: Garantir o dereito á saúde en condicións de calidade e equidade, así como promover a inclusión social da poboación con albinismo en Ruanda.

Específico: Mellorar o acceso aos servizos especializados de protección solar, incluíndo educación, apoio psicosocial, consultas dermatolóxicos e distribución de fotoprotectores customizados, para 195 persoas con albinismo (PCA) a través do lanzamento dun primeiro proxecto piloto integral nos distritos de Rutsiro e Bugesera.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Ampliada a cobertura sanitaria de 2 distritos de Ruanda para 195 persoas con albinismo mediante a mellora dos servizos de atención primaria e o equipamento sanitario de 2 hospitais distritais e 35 centros de saúde, grazas á implementación un proxecto piloto en Rutsiro e Bugesera.

A.1.1.1 Adquisición, envío e distribución de materiais de protección solar (protectores solares personalizados UMOZI MAX, lentes de sol e chapeus) en 2 distritos (Bugesera e Rutsiro) para 195 PCA

A.1.1.2 Adquisición e transferencia de material sanitario para tratamento de lesións precancerosas (nitróxeno líquido)

 

RE 1.2 Fortalecidas as competencias e coñecementos clínicos do persoal médico e 22 sanitarios dos distritos de Rutsiro e Bugesera en diagnóstico precoz de cancro dermatolóxico e na atención clínica especializada a PCA. A formación proporcionada melloraou o seu coñecemento sobre a condición e as súas habilidades para identificar de maneira temperá lesións precancerosas e cancerosas, asegurando unha atención dermatolóxica adecuada, contribuíndo a unha mellor saúde e calidade de vida das PCA.

A.1.2.1  Revisar, actualizar e adaptar o material de formación teórico-práctico na atención clínica especializada e diagnóstico precoz de cancro dermatolóxico de PCA, dirixido ao persoal médico e sanitario de atención primaria dos 2 distritos de Ruanda.

A.1.2.2 Realización de 4 sesións formativas en atención clínica especializada a PCA dirixida a persoal sanitario (197) e 10 representantes de PCA de dous distritos de Ruanda (Rutsiro e Bugesera)

A.1.2.3 Realización de 390 consultas dermatolóxicas individuais para 195 PCA a través de 2 hospitais distritales e 35 centros de saúde rurais en 2 distritos de Ruanda (Rutsiro e Bugesera), con supervisión regular de HAO.

A.1.2.4 Realización de 10 derivacións de PCA en 2 distritos (Bugesera e Rutsiro) que requiran tratamento especializado e/o intervención 26 cirúrxica a Kigali, xa que non poden ser tratados a nivel distrital, así como os seus 10 coidadores asociados.

 

RE 1.3 Favorecida a saúde mental e a inclusión social de 195 persoas con albinismo (PCA) mediante actividades de empoderamento psicosocial e accións de sensibilización comunitaria nos distritos de Rutsiro e Bugesera, cun enfoque de xénero e baseado en dereitos humanos, orientadas a desmontar mitos e estigmas, promover a igualdade e fortalecer a súa participación activa na vida social, educativa e comunitaria.

A.1.3.1 Realización de 2 eventos sociais (con 195 consultas individuais terapéuticas asociadas) para 195 PCA de dous distritos, Rutsiro e Bugesera

A.1.3.2 Realización de 2 programas de radio en 2 distritos (Bugesera e Rutsiro) para sensibilización da poboación xeral.

 

RE 1.4 Levouse a cabo o seguimento e a avaliación interna do proxecto mediante a recompilación sistemática de datos, análises de resultados e identificación de aprendizaxes. Ademais, realizouse a difusión e socialización dos logros, boas prácticas e desafíos a través de informes, presentacións e encontros con actores crave, co fin de asegurar a transparencia, a rendición de contas e a sustentabilidade do proxecto. (Actividades Transversais)

A.1.4.1 Elaborar unha liña de base (actualización de indicadores) sobre a situación do albinismo nos 2 distritos seleccionados.

A.1.4.2 Realización de seguimento e avaliación interna.

A.1.4.3 Realizar difusión e socialización do proxecto a través de exposición itinerante, RRSS e web.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 195 (95mulleres/nenas, 100 homes/nenos)

Indirecta: 105.000 (51.450 mulleres/nenas, 53.550 homes/nenos)

Axudas: 

29.995,68 € en 2025