Proxectos

Prestación de axuda sanitaria, dotación de material sanitario para o hospital de Bojador e dotación da casa para os médicos na wilaya de Bojador

O obxectivo do proxecto consiste en mellorar a saúde e a calidade de vida da poboación refuxiada na rexión de Tindouf, xa que a comisión sanitaria da asociación pretende chegar a máis dunha wilaya e tratar de diminuír a mortalidade infantil.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
TERRITORIOS SAHARAUÍS
Zona de actuación: 
Tindouf
Axentes: 
SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUÍ
Código CRS: 
12230 - Infraestrutura sanitaria básica
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír á mellora das condicións de vida da poboación refuxiada saharauí da wilaya de Bojador, con especial atención aos nenos/as de 0 a 7 anos, mulleres embarazadas e persoas maiores.
Obxectivo específico: Mellorar as condición de saúde e alimentación da poboación da Wilaya de Bojador con especial énfases na nutrición de nenos/as e mulleres embarazadas.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Mellorada a prestación de asistencia sanitaria no Hospital de Bojador a través da dotación de equipos e materiais sanitarios e a formación e asesoramento do persoal sanitario local.
Actividade1.1.1: Compra do material sanitario e menciñas.
Actividade1.1.2: Traslado do material sanitario e menciñas.
Actividade1.1.3: Entrega do material sanitario e menciñas.
Actividade1.1.4: Conformación da comisión sanitaria.
Actividade1.1.5: Traslado da Comisión sanitaria.
Actividade1.1.6: Deseño e aplicación dos cursos de formación para o persoal sanitario local.
Actividade1.1.7: Asesoramento continuo ao persoal sanitario de Bojador durante a visita da comisión médica e tamén asesoramento sobre a xestión dos residuos.
Resultado 1.2: Reducida a taxa de desnutrición e niños/as de 0 a 7 anos e embarazadas.
Actividade1.2.1: Compra de leite infantil.
Actividade1.2.2: Traslado e entrega da leite infantil.
Resultado 1.3: Sensibilizada a poboación sobre hixiene e hábitos de vida saudables.
Actividade1.3.1: Deseño e aplicación das xornadas de sensibilización. Para conseguir unha maior asistencia das mulleres a ditas charlas falamos coas xefas de barrio para que convoquen ás demais mulleres a asistir a estas charlas.
Resultado 1.4: Dotada de mobles, electrodomésticos e demais enseres a casa construída no ano 2014 para o persoal médico e sanitario e construción da garita para o garda.
Actividade1.4.1: Construción da casa do garda.
Actividade1.4.2:Petición a nosa contraparte do orzamento.
Actividade1.4.3: Compra do material.
Actividade1.4.4:Entrega- instalación do material, mediante un acto de entrega público e firma de documentación onde figure o uso da casa condicións de uso e o compromiso da contraparte de facer bo uso da mesma.

Axudas: 

100.000,00 € (2015)