Proxectos

Prestación de axuda sanitaria, dotación de material sanitario para o hospital de Bojador e dotación da casa para os médicos na wilaya de Bojador.

Prestación de atención sanitaria á poboación, con especial atención ás mulleres e aos nenos e nenas. A Comisión Médica de SOGAPS fará un seguimento en función dos expedientes do ano anterior, e atenderá aos novos casos que se poidan presentar. Equipamento da casa para os médicos. A casa sanitaria foi construída no ano 2014 na wilaya de Bojador co financiamento da Xunta de Galicia.

Ano: 
2016
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
ALXERIA
Zona de actuación: 
Tindouf
Axentes: 
SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUÍ
Código CRS: 
12230 - Infraestrutura sanitaria básica
12281 - Formación persoal sanitario
12261 - Educación sanitaria
12250 - Control enfermidades infecciosas
12220 - Atención sanitaria básica
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír á mellora das condicións de vida da poboación refuxiada saharauí da wilaya de Bojador, con especial atención aos nenos/as de 0 a 7 anos, mulleres embarazadas e persoas maiores.
Obxectivo Específico: Mellorar as condición de saúde e alimentación da poboación da Wilaya de Bojador con especial énfases na nutrición de nenos/as e mulleres embarazadas.
 

Resultados e actividades: 

Resultados e actividades
Resultado 1.1: Mellorada a prestación de asistencia sanitaria no Hospital de Bojador a través da dotación de equipos e materiais sanitarios e a formación e asesoramento do persoal sanitario local.
A.1.1.1: Compra do material sanitario e menciñas.
A.1.1.2: Traslado do material sanitario e menciñas.
A.1.1.3: Entrega do material sanitario e menciñas.
A.1.1.4: Conformación da comisión sanitaria.
A.1.1.5: Traslado da Comisión sanitaria.
A.1.1.6: Deseño e implementación dos cursos de formación para o persoal sanitario local.
A.1.1.7: Asesoramento continuo ao persoal sanitario de Bojador durante a visita da comisión médica e tamén asesoramento sobre a xestión dos residuos.
Resultado 1.2: Reducida a tasa de desnutrición en nenos/as de 0 a 7 anos e embarazadas.
A.1.2.1: Compra de leite infantil.
A.1.2.2: Traslado e entrega da leite infantil.

Resultado 1.3: Sensibilizada a poboación sobre hixiene e hábitos de vida saudables.
A.1.3.1: Deseño e implementación das xornadas de sensibilización, para conseguir unha maior asistencia das mulleres a ditas charlas falamos coas xefas de barrio para que convoquen ás demais mulleres a asistir a estas charlas.
Resultado 1.4: Dotada de mobles, electrodomésticos e demais enseres a casa construída no ano 2014 para o persoal médico e sanitario.
A.1.4.1: Petición a nosa contraparte do orzamento.
A.1.4.2: Compra do material.
A.1.4.3: Entrega- instalación do material, mediante un acto de entrega público e firma de documentación onde figure o uso da casa condicións de uso e o compromiso da contraparte de facer bo uso da mesma
 

Axudas: 

75.000,00 € (2016)