Proxectos

Prestación de axuda sanitaria e alimentaria á poboación da Wilaya de Ausserd, con especial énfase en nenos/as, mulleres e persoas maiores

O presente convenio ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a SOGAPS no proxecto “Prestación de axuda sanitaria e alimentaria á poboación da Wilaya de Ausserd, con especial énfase en nenos/as, mulleres e persoas maiores”.O devandito proxecto mellorará as condicións de alimentación e saúde de 3.000 habitantes de Ausserd a través da entrega directa da leite e da atención sanitaria ofrecida pola comisión médica.
 

Ano: 
2013
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
TERRITORIOS SAHARAUÍS
Zona de actuación: 
Wilaya de Ausserd
Axentes: 
SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUÍ
Código CRS: 
72010 - Axuda e servizos materiais de emerxencia
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír á mellora das condicións de vida da poboación refuxiada saharauí da Wilaya de Ausserd, con especial atención aos nenos/as de 0 a 7 anos, mulleres embarazadas e persoas maiores.
Obxectivo Específico: Mellorar as condicións de saúde e alimentación da poboación da Wilaya de Ausserd de 3.000 nenos/as, mulleres embarazadas e persoas maiores a través da entrega directa da leite e da atención sanitaria ofrecida pola comisión médica.
 

Resultados e actividades: 

Entrega directa da leite e da atención sanitaria ofrecida pola comisión médica.

Poboación beneficiaria: 

3.000 nenos/as, mulleres embarazadas e persoas maiores

Axudas: 

10000