Prestación de Axuda Sanitaria e material sanitario e construcción e dotación dunha casa para os médicos na Wilaya de Bojador
Este proxecto desenvolverase do 1 de xuño ata o 30 de decembro de 2014 nos Campamentos de Refuxiados Saharauís de Tindouf, con dúas finalidades principais:
a) Prestar atención sanitaria á poboación, en especial ás mulleres e ós nenos.
b) Construír e equipar unha casa para os médicos
Obxectivo Xeral:
O proxecto ten como obxectivo contribuír á mellora das condicións de vida da poboación refuxiada saharauí da Wilaya de Bojador, con especial atención aos nenos/as de 0 a 7 anos, mulleres embarazadas e persoas maiores.
Obxectivo Específico:
Mellorar as condicións de saúde e alimentación da poboación da Wilaya de Bojador.
Resultados:
R1.1: Mellorada a prestación de asistencia sanitaria no Hospital de Bojador a través da dotación de equipos e materiais sanitarios e a formación e asesoramento do persoal sanitario local.
R1.2: Reducida a taxa de desnutrición de nenos/as de 0 a 7 anos e embarazadas.
R1.3: Sensibilizada a poboación sobre hixiene e hábitos de vida saudables.
R1.4: Construída unha casa para o persoal médico e sanitario.
100.000,- euros