Proxectos

Prestación de axuda sanitaria na Wilaya de Bojador e construción do centro de cancro de mama, na Daira 27 de febreiro na Wilaya de Bojador

Este proxecto céntrase nunha intervención de dobre acción. Por un lado, na prestación sanitaria á poboación, con especial atención ás mulleres e aos nenos, realizando  a Comisión Sanitaria de SOGAPS  un seguimento en función dos expedientes do ano anterior e unhas viaxes aos campamentos. Esta facilitará atención sanitaria á poboación, a realización de charlas e formación ao persoal sanitario local.

Por outro lado, iniciarase a construción do Centro de Cancro de Mama, na Daira 27 de Febreiro na Wilaya de Bojador, posto que esta enfermidade é unha das principais causas de morte das mulleres saharauís, por non ter nos Campamentos un Centro especializado. O centro de cancro configurarase como dispensario de urxencias e será o punto de referencia para a sensibilización en contra do cancro de mama.

Ano: 
2019
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Sahel-África
País: 
ALXERIA
Axentes: 
SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUÍ
Contraparte: 

  Ministerio de Saúde Pública Saharauí en colaboración coa Media Luna Roja

Código CRS: 
12220 - Atención sanitaria básica
12230 - Infraestrutura sanitaria básica
12250 - Control enfermidades infecciosas
12261 - Educación sanitaria
12281 - Formación persoal sanitario
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír á mellora das condicións de vida da poboación refuxiada saharauí de Wilaya de Bojador e da Daira de Mheiriz.

Obxectivo específico: Mellorar as condicións de saúde da poboación de Wilaya de Bojador.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Mellorada a prestación de asistencia sanitaria no Hospital de Bojador e a formación e asesoramento do persoal médico local.

A 1.1.1  Traslado da Comisión sanitaria.

A 1.1.2  Compra do material consumible.

A 1.1.3  Traballo da Comisión Sanitaria no Hospital de Bojador e nos dispensarios da Wilaya de Bojador.

A 1.1.4 Deseño e implementación dos cursos de formación para o persoal sanitario local.

A 1.1.5  Asesoramento continuo ao persoal sanitario de Bojador durante a visita da comisión médica e tamén asesoramento sobre a xestión dos residuos.

RE 1.2 Mellorada a prestación de asistencia sanitaria para mulleres saharauís que padecen cancro de mama ou queren obter información sobre esta enfermidade.

            A 1.2.1 Compra de material para a construción do centro de cancro de mama.

            A 1.2.2 Construción do centro de cancro de mama.

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación directa está formada por un total de 4.200 persoas da poboación saharauí.

Indirecta: As persoas beneficiarias indirectas incluirán a todas as dairas que se atopan ao redor e que pola súa proximidade poderán aproveitar o proxecto: 200.000 persoas que habitan os Campamentos de Refuxiados, ademais do sistema sanitario saharauí en xeral.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 75.000,00 € (2019)