Proxectos

Prevención da incidencia da COVID19 entre a poboación máis vulnerable, con accións e estratexias preventivas e de vixilancia epidemiolóxica, incluíntes, equitativas e articuladas coas comunidades no municipio de Prinzapolka. RACCN, Nicaragua

A presente intervención pretende contribuír na prevención e mitigación do impacto da morbimortalidade derivada da COVID19 entre a poboación máis vulnerable do municipio de Prinzapolka, en Nicaragua. Para iso, o proxecto céntrase no fortalecemento das capacidades institucionais e comunitarias, así como a súa coordinación e articulación, para definir e executar un plan de prevención sanitaria neste ámbito, cuestión que se complementará co fortalecemento de coñecementos, actitudes e prácticas da poboación mediante estratexias de prevención da COVID19 con enfoque de corresponsabilidade de xénero e culturalmente pertinentes.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
NICARAGUA
Zona de actuación: 
Prinzapolka (municipio)
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
Contraparte: 

Acción Médica Cristiana (AMC)

Código CRS: 
12250 - Control enfermidades infecciosas
14030 - Abastecemento de auga potable e saneamento básico - sistemas menores
1516000 - Dereitos humanos
Obxectivos: 

Xeral: Reducir o impacto sanitario da Pandemia da COVID-19 en poboación vulnerable da costa Caribe norte.

Específico: Conter o impacto da morbimortalidade por COVID-19 na poboación vulnerable do municipio de Prinzapolka, con estratexias preventivas complementarias, incluíntes e equitativas.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Mellorada a capacidade institucional na abordaxe epidemiolóxica e clínica de COVID-19, con equidade de xénero e pertinencia cultural, no municipio de Prinzapolka.

  • A.1.1.1. Mellora das accións de Vixilancia epidemiolóxica do municipio de saúde para a prevención da COVID-19.
  • A.1.1.2. Habilitación de locais e dotación básica de insumos para epidemioloxía (COVID-19) a Hospital municipal (Prinzu Pawanka) e 2 Postos de saúde periféricos (A Agrícola e Tuburuz).
  • A.1.1.3. Actualización de capacidades do persoal sanitario da Rede Institucional de Saúde, en Protocolo de abordaxe da COVID-19.
  • A.1.1.4. Seguimento institucional ao traballo de captación, referencia, atención e seguimento a casos de COVID-19.
  • A.1.1.5. Mostraxe de casos sospeitosos de COVID-19.

RE 1.2. Mellorada a capacidade da rede comunitaria de saúde, equitativa e culturalmente apropiada, na atención, prevención, identificación, manexo epidemiolóxico e referencia da COVID-19.

  • A.1.2.1. Capacitación de recursos da rede comunitaria de saúde en prevención COVID-19.
  • A.1.2.2. Desenvolvemento de encontros de coordinación e análise de resultados do SICO entre autoridades de saúde e rede comunitaria.
  • A.1.2.3. Equipamento a ACS con insumos para accións preventivas de COVID-19.
  • A.1.2.4. Desenvolvemento de xornadas promocionais e de hixiene para a prevención da COVID-19 con grupos de interese específico.

RE 1.3. Fortalecidos os coñecementos, actitudes e prácticas da poboación, no desenvolvemento de estratexias pertinentes culturalmente e cun enfoque de corresponsabilidade entre mulleres e homes, para a prevención efectiva da COVID-19.

  • A.1.3.1. Deseño e elaboración de material promocional sobre prevención COVID-19.
  • A.1.3.2. Desenvolvemento dunha campaña de prevención e educación sobre COVID-19 dirixida á poboación.
  • A.1.3.3. Implementación de plan de acceso a auga segura.
Poboación beneficiaria: 

Directa: 13.530 (homes: 6.123; mulleres: 5.880; nenos: 736; nenas: 791).

Indirecta: 7.497 (homes: 3.180; mulleres: 3.359; nenos: 434; nenas: 524).

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 175.000 € (2021: 70.000 €; 2022: 105.000 €)