Prevención da violencia de xénero e mellora da saúde sexual e reprodutiva das mulleres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega. Nicaragua
O presente proxecto ten como obxectivo xeral contribuír á erradicación da pobreza e á mellora das condicións de vida e o exercicio dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres do municipio de El Viejo (Nicaragua) a través dun proceso de empoderamento cuios principais compoñentes son: a. Fortalecemento de conciencia crítica de xénero da poboación local e promoción da participación activa das mulleres no seu propio auto coidado de saúde física e emocional, no marco dos Dereitos e a perspectiva de Xénero; b.Prevención da violencia de xénero hacia as mulleres e a visibilidade da situación da Saúde Sexual e Reprodutiva das mulleres.
Asociación para el desarrollo integral de la mujer (APADEIM)
Obxectivo xeral: contribuír á erradicación da Violencia de Xénero e á mellora de saúde sexual e reprodutiva e o exercicio dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres do municipio de El Viejo, Nicaragua.
Obxectivo específico: Promovidos os cambios necesarios para mellorar a saúde Sexual e Reprodutiva das mulleres de El Viejo e para realizar incidencia a nivel local en relación con o cumprimento de normativas en materia de prevención de violencia de xénero e saúde sexual e reprodutiva en El Viejo.
Resultado.1.1 Fortalecida a capacidade de conciencia crítica de xénero, facendo énfase na saúde sexual e reprodutiva e o seu empoderamento persoal médico-xinecolóxico ás 100 mulleres do proxecto.
Actividades
A.1.1.1 Formación – Curso en Saúde Sexual e Reprodutiva con enfoque de Xénero e Dereitos con 100 mulleres.
A.1.1.2 Seguimento médico xinecolóxico ás 100 mulleres do proxecto mediante atención e Consellería en Saúde Sexual e Reprodutiva.
A.1.1.3 Encontro intercomunitario “Mis derechos en la Maternidad”.
Resultado. 1.2 Deconstruídas as masculinidades tradicionais dos homes que comparten o fogar relacionadas á Saúde Sexual e Reprodutiva das mulleres do grupo meta do proxecto.
Actividades
A.1.2.1 Formación – Curso en Masculinidade e a Saúde Sexual e Reprodutiva con 100 homes parellas e familiares das mulleres do proxecto.
A.1.2.2 Encontro intercomunitario “Hombres y la Paternidad”.
Resultado. 1.3 Fortalecido o Observatorio de Violencia de Xénero e Saúde Sexual e Reprodutiva, publicadas e difundidos os datos de violencia e SRR no municipio.
Actividades
A.1.3.1 Recollida e análise de información e datos sobre casos de Violencia de Xénero e Saúde Sexual e Reprodutiva do municipio de El Viejo.
A.1.3.2 Impresión, difusión e distribución dos Boletíns do Observatorio e realización de Mesas de traballo sobre a situación de Violencia de Xénero e a saúde sexual e reprodutiva con autoridades locais, funcionariado e líderes e lideresas das comunidades.
Directa: O proxecto diríxese a familias xoves que posúen entre 5 e 8 fillos/as de media, residentes en 10 das comunidades máis empobrecidas do municipio de El Viejo. En total son 100 mulleres e 100 homes os que constitúen a poboación beneficiaria directa deste proxecto.
Indirecta: fillos/as das mulleres e homes do grupo meta do proxecto (1.500 nenos e 1580 nenas) e poboación das comunidades (4.700 homes e 4750 mulleres).
121.437,65 € (2015: 60.718,83 €; 2016: 60.718,83 €)