Proxectos

Prevención da violencia de xénero a través de iniciativas de protección impulsadas polas comunidades de persoas refuxiadas de Palestina en Líbano

Convenio asinado no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o financiamento de actuacións no marco das medidas 36 e 37 do dito Pacto, que afectan ao ámbito da cooperación internacional:

Medida 36: promover que no marco da cooperación internacional se destinen recursos para medidas específicas contra a violencia machista dentro dos protocolos de actuación en campos de refuxiados e refuxiadas.

Medida 37: instar a que nos recursos dedicados por España á cooperación internacional para refuxiados e refuxiadas se apliquen medidas específicas para a prevención da violencia machista contra as mulleres e menores de idade, tanto en tránsito como en destino.

Os programas de prevención da violencia de xénero de UNRWA a través de grupos e comités de mulleres xorden das recomendacións de mulleres e nenas de Palestina, que buscan encher os baleiros institucionais, aumentar a participación feminina nos ámbitos de seguridade, xustiza e política, e aumentar a capacidade dos provedores de servizos para prestar servizos ás vítimas. Especificamente, as mulleres e as nenas recomendaron un aumento nos servizos confidenciais entre os principais provedores de seguridade e xustiza, que no caso dos campamentos palestinos no Líbano son os Comités Populares.

Os comités de mulleres e nenas supoñen unha ferramenta de gran importancia para representar os intereses das mulleres e axudar a identificar e protexer ás persoas máis vulnerables. Teñen o potencial de proporcionar apoio, información e referencias á comunidade en xeral.

Implementan actividades de participación na sensibilización da comunidade que se centran en abordar temas relacionados coa violencia de xénero, como o matrimonio infantil, a violencia doméstica e os dereitos das mulleres e nenas á educación. A través do desenvolvemento dos plans de acción da comunidade, os comités tamén identifican as necesidades para reforzar as súas competencias e habilidades e enriquecer a calidade das súas accións.

Para manter o apoio ás actividades dos comités e continuar o seu traballo de sensibilización e prevención da violencia de xénero, manter o sistema de xestión da violencia de xénero en todas as instalacións e servizos de UNRWA, así como continuar con outras actividades necesarias de prevención e resposta á violencia de xénero, é necesaria o financiamento de doantes como a Xunta de Galicia. Coa contribución de 130.000 euros brindarase apoio para continuar coas actividades existentes de sensibilización sobre prevención de violencia de xénero e garantir os vínculos da comunidade cos servizos integrais de protección, así como reforzar as capacidades do persoal de UNRWA para mellorar a identificación e xestión de casos de violencia de xénero e mellorar o apoio psicosocial para persoas vulnerables e en risco.

Ano: 
2019
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Oriente Próximo
País: 
LIBANO
Axentes: 
UNRWA
Contraparte: 

Axencia das Nacións Unidas para os refuxiados de Palestina en Oriente Medio

Código CRS: 
15162 - Dereitos Humanos
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Protexer e promover os dereitos das persoas refuxiadas de Palestina en virtude do dereito internacional.

Obxectivo específico: Contribuír á redución e prevención de casos de violencia de xénero  na comunidade refuxiada de Palestina en Líbano.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Fomentado o coñecemento sobre os dereitos das mulleres e a violencia de xénero nas comunidades de persoas refuxiadas de Palestina en Líbano.

A 1.1.1 Apoio aos comités de mulleres e nenas refuxiadas de Palestina.

A 1.1.2 Actividades para involucrar a homes e nenos na prevención da violencia de xénero en Líbano.

A 1.1.3. Actividades de sensibilización comunitaria sobre saúde mental e psicosocial.

RE 1.2 Reforzada a atención integral, con especial atención á psicosocial, para as mulleres vulnerables e vítimas de violencia de xénero en Líbano.

A 2.1.1 Actividades recreativas de apoio psicosocial e grupos de discusión para mulleres e nenas en risco.

A 2.1.2 Formacións en apoio psicosocial para persoal de  UNRWA.

A 2.1.3 Formacións sobre identificación e prevención de casos de violencia de xénero para persoal de  UNRWA.

A 2.1.4  Acompañamento e recolocación de vítimas de violencia de xénero.

Actividades Comúns:

A 1.4. e 2.5. Seguimento do proxecto.

Poboación beneficiaria: 

Directa: As actividades deste proxecto beneficiarán a un total aproximado de 1.810 persoas refuxiadas de Palestina en Líbano, que adquirirán coñecementos e ferramentas para a prevención de casos de violencia de xénero, a  deconstrución de actitudes discriminatorias e violentas, así como a xestión do seu benestar psicosocial e a atención de casos urxentes de violencia de xénero.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 130.000 €  (2019)