Proxectos

Prevención da violencia sexual, mellora da atención médica e psicolóxica das vítimas e reforzo do sistema de saúde en Nord Kivu (República Democrática do Congo)

A crise estrutural que padece a poboación de Kivu Norte relaciónase co impacto desigual que supón sobre mulleres e nenas a inestabilidade político-militar, a falta de resolución das institucións no Leste do país, odeterioro das condicións de vida e a desestruturación social, xa que a cotidianeidade das persoas e o funcionamento das institucións e servizos básicos subordínase á evolución dos niveis de violencia e inseguridade na zona. Esta situación vese agravada sistematicamente pola aparición de novas emerxencias que causan periodicamente novas deterioracións das condicións de vida da poboación, especialmente, das persoas en situación de maior vulnerabilidade. Cabe destacar que unha das principais problemáticas relacionadas coa crise humanitaria é a naturalización e xeración de tódalas formas de violencia contras as mulleres, vulnerando sistemáticamente os DD.HH.

 

 

 

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
África
Zona de actuación: 
North Kivu
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
Contraparte: 

Femmes Engagées pour la Promotion de la Santé Integrale (FEPSI)
 

Código CRS: 
12220 - Atención sanitaria básica
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír á mellora da resolución do sistema de saúde na RDC, con equidade de xénero e priorizando a poboación máis vulnerable
Obxectivo Específico: Contribuír á consolidación dunha estratexia para a superación de todas as formas de violencia contra a muller e a atención integral ás vítimas de violencia sexual (VVS) en sete(7) Zonas de Saúde da rede ministerial da provincia Nord Kivu (RDC).

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Asegurada a atención integral a VVS en cinco (5) estruturas de saúde e ampliada a capacidade para o diagnóstico do VIH e outras ETS en once (11) CDVA integrados en sete (7) Zonas de Saúde.
Actividades
A1.1.1: Subministración de medicamentos xenéricos e insumos sanitarios específicos e PVV e apoio técnico para garantir unha adecuada xestión do stock nas cinco (5) estruturas de saúde que ofrecen atención a VVS.
A1.1.2: Apoio ao funcionamento e a coordinación con autoridades sanitarias dun total de once (11) CDVA.
A1.1.3: Atención médica e psicolóxica a 445 VVS, 400 PVV e 30 menores.
A1.1.4: Denominación: Atención psicolóxica móbil a 167 persoas (134 mulleres e 33 homes) con situacións especialmente complexas, entre VVS e PVV, pertencentes a comunidades rurais de sete (7) Zonas de Saúde da provincia Nord Kivu.
A1.1.5: Denominación: Atención terapéutica específica a trinta (30) menores (17 nenas e 13 nenos) en situación de especial vulnerabilidade no Centro Hospitalario de FEPSI en Butembo.
 
Resultado 1.2: Seguimento do proceso de reintegración familiar/comunitaria de VVS e apoio á súa inserción socio-económica en sete (7) Zonas de Saúde da provincia Nord Kivu.
Actividades
A1.2.1: Apoio á reinserción de corenta e oito(48) mulleres VVS en situación de especial vulnerabilidade, identificadas na zona de intervención.
A1.2.2: Provisión de kits NFI a sesenta (60) mulleres VVS en situación de especial vulnerabilidade, identificadas na zona de intervención.
 
Resultado 1.3: Ampliada a rede de axentes comunitarios/as para a prevención da violencia sexual e a promoción da SSR e reforzada a súa coordinación coas autoridades sanitarias correspondentes.
Actividades
A1.3.1: Capacitación de vinte e unha (21) persoas (13 mulleres e 8 homes) como axentes comunitarios/as para liderar a sensibilización acerca da violencia sexual, a transmisión do VIH/SIDA e a SSR, asegurando a súa coordinación coas autoridades sanitarias correspondentes.
A1.3.2: Realización de 1.584 actividades de sensibilización lideradas por axentes comunitarios/as e coordinadas coas autoridades sanitarias de sete (7) Zonas de Saúde.

Poboación beneficiaria: 

 
Directa: Un total de 6.260 persoas, das cales 4.408 son mulleres e nenas.
Indirecta: Un total de 66.960 persoas, das cales 47.876 son mulleres e nenas.

Axudas: 

48.991,00 € (2014)