Prevención e resposta ante o coronavirus para as persoas refuxiadas
Este convenio ten a finalidade de establecer o marco de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a entidade "España con ACNUR" para a execución do proxecto "Prevención e resposta ante o coronavirus para as persoas refuxiadas".
O obxecto deste convenio é contribuír a través de "España con ACNUR" a frear a actual pandemia de coronavirus centrándose na protección de todas as poboacións desprazadas pola forza e, máis especificamente, nos países que acollen grandes poboacións de refuxiados, con asentamentos densamente poboados e con sistemas de saúde máis débiles, o cal posibilitará que os sistemas e servizos de saúde deles se reforcen e se adapten rapidamente á emerxencia.
Garantir que as persoas especialmente vulnerables á pandemia entre a poboación refuxiada reciban asistencia en forma de artigos básicos.
RE 1.1. Prevido o contaxio entre a poboación refuxiada a través da provisión de elementos para a hixiene.
A.1.1.1 Distribución de barras de xabón de 250g para 8.000 persoas refuxiadas e desprazadas.
RE 1.2 Fortalecida a xestión dos casos e o apoio aos centros de saúde primaria e asegurado o acceso a servizos de saúde por parte da poboación refuxiada e desprazada.
A.1.2.1 Servizo de atención de saúde primaria para 636 persoas refuxiadas e desprazadas.
A poboación beneficiaria son un total de 8.936 persoas pertencentes á familias refuxiadas e desprazadas (4.557 mulleres e 4.379 homes) internamente aloxadas en asentamentos densamente poboados nunhas condicións que dificultan o acceso aos servizos de saúde necesarios e que, por tanto, teñen unha menor capacidade para facer fronte ao brote do COVID-19.
Axuda Xunta de Galicia: 30.000,00 € (2020)