Proxectos

Prevención e resposta á emigración, o tráfico e a violencia de xénero no distrito de Napak da rexión de Karamoja, Uganda.

O obxectivo desta intervención é reforzar o entorno de protección dos nenos e nenas do distrito de Napak, en Karamoja (Uganda), que corren o risco de ser vítimas da trata, incluso con fins de explotación sexual.

Para logralo, este proxecto pretende reforzar o sistema de protección do Goberno de Uganda e prestará servizos directos de prevención e resposta aos nenos e ás nenas do distrito de Napak. Apoiarase ao Goberno Local do Distrito de Napak para que refuerce o seu sistema de protección mediante unha coordinación local e rexional regular, o fortalecemento da capacidade para mellorar o acceso á xustiza dos nenos e nenas superviventes e o procesamento dos autores. Para iso, os nenos e nenas destinatarios beneficiaranse de servizos multisectoriais de xestión de casos de protección infantil baseados nas necesidades individuais.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
UGANDA
Axentes: 
UNICEF
Contraparte: 

Ministerio de Xénero, Traballo e Desenvolvemento Social, xunto coa Autoridade da Cidade Capital de Kampala e o Goberno Local do Distrito de Napak

Código CRS: 
1516000 - Dereitos humanos
Obxectivos: 

Xeral: Os nenos e nenas das localidades seleccionadas están protexidos da trata, incluso con fins de explotación sexual, e doutros riscos de protección mediante un sistema de protección infantil de distrito reforzado.

Específico: Un sistema de protección da infancia reforzado polos gobernos locais de distrito que prevé e responde ao tráfico de nenos e nenas e a outros problemas de protección.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Refórzase o sistema de protección da infancia do distrito para prevenir e responder á trata de nenos e nenas, incluída a explotación sexual, mediante a capacidade técnica e mecanismos de coordinación funcional.

            A.1.1.1: Apoiar ao Goberno Local do Distrito par a que convoque aos Socios de Protección Infantil a reunións trimestrais de coordinación para fortalecer a coordinación da protección infantil no distrito de Napak.
            A.1.1.2: Apoiar ao Goberno Local do Distrito para fortalecer o Sistema de Información de Xestión da protección integrada que se usa para recopilar, analizar e xerar datos administrativos rutinarios para supervisar diversos indicadores de rendemento sobre todas as formas de violencia contra a                                   infancia e as mulleres, incluídas as prácticas nocivas e a trata de nenos e nenas.

RE 1.2: As comunidades destinatarias - nenos, nenas, coidadores e persoal gubernamental - teñen capacidade para prevenir e mitigar a trata de nenos, nenas e adolescentes.

            A.1.2.1: Apoiar ao Goberno Local do Distrito para despregar o manual de formación para familias do Ministerio de Xénero, Traballo e Desenvolvemento Social aos grupos de apoio ás familias para mellorar a crianza, a identificación, a prevención e a resposta á violencia, as prácticas nocivas, a                                   violencia de xénero e a trata de nenos, nenas e adolescentes.    
            A.1.2.2: Apoiar ao Goberno Local do Distrito para despregar a formación de habilidades para a vida dos grupos de adolescentes para identificar, prevenir e responder á violencia, as prácticas nocivas, a violencia de xénero e a trata de nenos, nenas e adolescentes.    
            A.1.2.3: Formar e equipar aos/ás traballadores/as de primeira liña para prevenir e responder á trata de nenos, nenas e adolescentes.    
            A.1.2.4: Formar ao persoal técnico clave dos distritos e subcondados en materia de mitigación dos riscos de violencia de xénero e prevención da explotación e os abusos sexuais (Xefes de Departamento a nivel de distrito e subcondado, policía, representantes das organizacións da sociedade civil).

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1200 (600 mulleres/nenas e 600 homes/nenos)  
Indirecta: 163.600 (89.200 mulleres/nenas e 74.400 homes/nenos)

Avaliación: 
non prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 84.000 € (ano 2025)