Proxectos

Previr e mitigar o impacto dos riscos humanitarios asociados á pandemia Covid-19 sobre os dereitos e a dignidade da poboación de San Cristóbal, con enfoque no fortalecemento de capacidades, prevención e resposta á VBG e SSR, República Dominicana

A presente intervención contribúe á protección integral dos dereitos e a dignidade da poboación de tres barrios do Municipio de San Cristóbal (República Dominicana) afectados polo Covid-19, con especial énfase na equidade de xénero e a RRD inclusiva. Preténdese paliar os riscos socioeconómicos e sanitarios que a pandemia provocou na poboación en maior situación de vulnerabilidade.

Trátase dunha acción na que se unen esforzos e fortalezas de diversos actores con vasta experiencia en acción humanitaria como son  ACPP,  IDAC e  UNFPA, e que se aliña cos chamamentos internacionais ante a pandemia de Covid-19. A mesma conta con dous enfoques: o fortalecemento de capacidades e a cobertura de necesidades básicas para previr a violación do  DIDH e o  DIH.

A natureza desta intervención está centrada na posta ao dispor dos insumos a: por unha banda, titulares de obrigacións da resposta á VBG e a garantía da SSR (PGR, Policía Nacional, persoal funcionario do Ministerio da muller e persoal sanitario) e os membros dos comités de PMR das estruturas provinciais e, municipais para asegurar a continuidade dos seus servizos; e por outro a titulares de dereitos (familias en situación de extrema necesidade e mulleres e nenas en situación de vulnerabilidade).

Ano: 
2019
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Contraparte: 

Instituto de Acción Comunitaria, Inc. IDAC.

Código CRS: 
72010 - Apoio enfoque VARD
72040 - Axuda alimentaria de emerxencia
72050 - Coordinación dos servizos de protección da axuda
74010 - Prevención de desastres
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á protección integral dos dereitos e a dignidade da poboación de 3 barrios de San Cristóbal afectados polo Covid-19, con especial énfase na equidade de xénero e a RRD inclusiva.

Específico: Previr e mitigar o impacto dos riscos humanitarios asociados á pandemia Covid-19 sobre os dereitos e a dignidade de 52.441 persoas (28.708 mulleres e nenas, 23.733 homes e nenos), con enfoque no fortalecemento de capacidades, prevención e resposta á VBG e SSR, en 3 barrios (Moscú, 5 de abril e Barrio Madre Vieja Norte) de San Cristóbal, República Dominicana.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Fortalecidas as capacidades de resposta humanitaria fronte ao Covid-19 e outras ameazas, dos titulares de responsabilidades, a nivel provincial e municipal, e dos titulares de dereitos, a nivel comunitario, no municipio de San Cristóbal, mes 4.

A.1.1.1 Ciclo formativo sobre prevención de riscos para manexo efectivo da crise, desenvolvemento de resiliencia e aumento da capacidade de xestión, integrando a perspectiva de xénero.

A 1.1.2 Adquisición, montaxe e distribución dos kits de protección comunitaria.

A 1.1.3 Elaboración de plans de emerxencia desde un enfoque de xénero polos comités de PMR.

RE. 1.2 Reforzada a resiliencia da poboación dos barrios de Moscú, Barrio Madre Vieja Norte e 5 de Abril (San Cristóbal) fronte ás ameazas á súa seguridade alimenticia, saúde sexual e reprodutiva e a súa protección persoal asociadas ao Covid-19, mes 4.

A 1.2.1 Adquisición e montaxe dos kits alimenticios e de hixiene.

A 1.2.2 Selección de mulleres e nenas e distribución de Kits de dignidade e hixiene.

A 1.2.3 Selección das familias e distribución de combos de alimentación.

A 1.2.4 Difusión de materiais sobre prevención e transmisión Covid-19, manexo de tensión e outras recomendacións.

RE 1.3 Melloradas as medidas de prevención e control para diminuír o risco de transmisión de Covid-19 entre o persoal sanitario de atención obstétrica, o persoal de atención, prevención e sanción da VBG e as mulleres embarazadas de San Cristóbal, mes 4.

A 1.3.1 Coordinación, cotización e adquisición de insumos.

A 1.3.2 Reunións de coordinación con aliados locais.

A 1.3.3 Selección das persoas titulares de obrigacións e dereitos.

A 1.3.4 Montaxe, traslado e distribución dos Kits.

A 1.3.5 Peche e avaliación.

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación beneficiaria directa é un total de 52.441 persoas (28.708 mulleres e 23.733 homes), sendo a totalidade da poboación residente nos tres barrios nos que se intervén, con especial atención a grupos de especial vulnerabilidade (mulleres, adolescentes e nenas).

Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta é un total de 216.875 persoas (110.020 mulleres e 106.855 homes).

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 50.000,00 €