Profundar o fortalecemento da Área de Sensibilización, Educación ao Desenvolvemento e Incidencia social e a dinamización da base asociativa de ACSUR LAS SEGOVIAS en Galicia
Este proxecto xurde da necesidade e vontade de dar continuidade ao traballo inciado de xeito máis estable dende 2009 na área de educación ao desenvolvemento, e impulsado dende 2010 coa continuidade da contratación dunha técnica para fortalecer esta área, gracias en gran parte ao fortalecemento favorecido dende a DXREUE a través da aprobación dun proxecto na convocatoria 2010.
O presente proxecto responde ás necesidades e prioridade definidas pola entidade na súa estratexia, elaborada de xeito participativo con socios e socias e coa xunta directiva e que será aprobada por esta na próxima reunión a celebrar en febreiro de 2011. No marco da estratexia xeral de Acsur 2009-2012 no eido de educación, sensibilización e incidencia social o traballo de Acsur en Galicia está focalizado
- na promoción das economías solidarias;
- na defensa dos dereitos humanos e de cidadanía con perspectiva intercultural e de xénero;
- na educación para a equidade de xénero no norte e no sur,
- na promoción dos dereitos dos pobos indíxenas.
- na promoción do coñecemento da situación dos dereitos humanos nos países prioritarios para ACSUR Galiza América Latina: Guatemala, Ecuador, Hondura, Bolivia..
Todo elo a través do traballo en rede, da promoción da participación social e do voluntariado, e do emprego de metodoloxías participativas baseadas na educación popular, como o Teatro do Oprimido, e do fomento das novas tecnoloxías na comunicación para a transformación social a través do video participativo.
Obxectivo xeral: Profundar o fortalecemento da Área de Sensibilización, Educación ao Desenvolvemento e Incidencia Social e a dinamización da base asociativa de ACSUR LAS SEGOVIAS en Galicia.
Obxectivo específico: Fortalecida a Área de Sensibilización, Educación ao Desenvolvemento e Incidencia Social de ACSUR Galiza coa maior implicación da base social na asociación.
Resultado 1
A1.1 Deseñar e planificar as actividades do Plan de educación para 12 meses.
A1.2 Execución das actividades de educación para o desenvolvemento segundo a previsto no Plan
A1.3 Participar activamente nas Comisións da coordinadora Galega de Ong´s (Xénero e EpD) e nas redes e plataformas das que formamos parte (Grupo de apoio a Honduras, na Asamble apolos dereitos das persoas migrantes, Foro Social Galego), así como seguir fortalecendo o traballo iniciado con diversas organización no campo das migracións, a educación popular e as economías alternativas.
A1.4 Sistematización de experiencias exitosas de Acsur Las Segovias en educación e sensibilización para o desenvolvemento, analizando proxectos, desenvolvidos por outras organizacións territoriais de Acsur, como: La fábrica de vientos, Tomemos la palabra, Enredando Alternativas, Veu dona Sur, Género en la Educación para el Desarrollo; etc, cuxas actividades e metodoloxías poden ser adaptados e replicados no contexto galego.
Resultado 2
A2.1 Concretar os temas de formación en soberania alimentaria e economías alternativas e as persoas expertas que farán a docencia.
A2.2 Difundir e realizar a lo menos catro actividades de formación teórico- práctica para mellorar a abordaxe de proxectos de educación e cooperación no ámbito da soberanía alimentaria e economías solidarias. Estas actividades se realizaran na Coruña e outra vila galega.
Resultado 3
A3.1 Concretar os temas de formación en comunicación e as persoas expertas que farán a docencia
A3.2 Difundir e realizar a lo menos oito actividades de formación teórico- práctica para mellorar as capacidades de Acsur na comunicación externa e relacionamento cos medios de comunicación. Estas actividades se realizarán na Coruña.
A3.3 Elaborar un dossier de recursos para a mellora da comunicación froito das xornadas de formación.
20.000,00 € (2011: 8.000,00 € - 2012: 12.000,00 €)